Promovendo o voluntariado dende unha furgoneta
Mariana Romero, documentalista ourensá, acompañada do seu compañeiro Juan Cortes e da súa cadela Ira, iniciaron esta semana unha viaxe por Europa, de duración indefinida, coa que buscan promover o volutariado e difundir o labor de distintas ONG's
Galicia pinta moito: 50 ilustradores galegos actuais
A revista Dot busca financiamento para a publicación dun libro que recolle as obras de 50 ilustradores e ilustradoras galegas actuais. Unha campaña en Verkami leva recadados case catro mil euros, pero aínda necesita un derradeiro empurrón.
O Parlamento debaterá este martes a presenza de menores de 16 anos nas touradas
O vindeiro martes a cámara debaterá unha proposición non de lei presentada polo BNG que insta a Xunta a restrinxir o seu acceso a este espectáculo, seguindo as recomendacións do Comité dos Dereitos dos Nenos da ONU.
A UPG celebra o seu 50 aniversario chamando a fortalecer o "movemento nacionalista"
Un acto político no Pazo de Congresos, coa intervención de Pilar García Negro, Francisco Rodríguez, Bautista Álvarez, Suso Seixo ou Néstor Rego, serve para conmemorar o medio século da formación, fundada o 25 de xullo de 1964.
Filgueira Valverde será homenaxeado no Día das Letras en 2015
O pontevedrés foi o escollido polo pleno da Real Academia Galega, fronte ás candidaturas de Xela Arias, Ricardo Carvalho Calero, Celestino Fernández de la Vega e Manuel María
A folga do lixo: unha oportunidade para abrir o debate da compostaxe?
ADEGA esíxelle ao Concello de Lugo que cumpra co compromiso que adoptou en pleno, no ano 2010, de construír unha planta de compostaxe para a comarca
O SLG sinala a "ilegalidade" das prospeccións mineiras de Erimsa en Oroso
O sindicato denunciou a empresa mineira Erimsa ante a Fiscalía de Medio Ambiente por unha posible prospección ilegal de terras. Os permisos de investigación concedidos á compañía suman oito mil hectáreas e distribúense entre os concellos de Oroso, O Pino e Santiago de Compostela.
O TSXG obriga os funcionarios do Concello de Pontevedra a devolver a paga extra de 2012
O tribunal entende que houbo "desviación de poder" por utilizar a paga de produtividade para compensar a supresión da paga extra de Nadal imposta polo Goberno de Rajoy. César Mosquera (BNG) enmarcou o fallo na liña de "usar o aparato represivo do Estado contra todo aquel que discrepe"
Feijoo chama a evitar que Castelao sexa "refén dunha parte de Galicia"
O Parlamento acolleu os actos de conmemoración do 70 aniversario da publicación en Bos Aires do Sempre en Galiza. Para o presidente da Xunta "facelo refén da Galicia de onte ou dunha única parte da Galicia de hoxe é non entender a liberdade pola que el tanto loitou”
A Mesa pide que O Carballiño rescinda o contrato coa empresa que non "entende" o galego
Un dos traballadores da compañía subcontratada para xestionar o servizo telefónico de atención tributaria do Concello negoulle a un usuario o seu dereito a ser atendido en galego
Piden a declaración de Pontevedra como 'cidade antitaurina'
A plataforma Touradas fóra de Pontevedra entregou unha petición no rexistro na que piden a implicación do goberno local para erradicar este espectáculo e propoñen a expropiación da praza de touros para convertela nun centro cultural e social.
Arzúa, capital galega da Lusofonía
O recinto feiral da vila acollerá este sábado o evento éMundial, organizado por AGAL. Un pregón de Xurxo Souto abrirá un intenso programa de concertos, debates e actividades infantís, con especial protagonismo para Semente.