Galicia, capital Portobello
Adriana Páramo prepara a súa segunda curtametraxe, Galicia Portobello road, unha historia de mulleres, nai e filla, a cabalo entre Galicia e Londres. O filme, que se filmará en galego e inglés, busca financiamento a través de Verkami.
Galicia acolle a elite científica internacional en enerxía, medio ambiente e economía
O Workshop Atlántico sobre Economía Enerxética e Ambiental, organizado cada dous anos polo centro de investigación galego Economics for Energy e o alemán Centro para a Investigación Económica Europea, celebrarase este mércores e xoves na Toxa.
Un informe técnico avala que o falanxista Ramón Ferreiro manteña a súa avenida en Lugo
O secretario municipal considera, ao igual que fixo coa proposta para que Manuel Fraga conte cunha rúa na cidade, que a denominación da vía non está afectada pola lei de memoria histórica. Ferreiro foi Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento da provincia.
Vigo-A Guarda: O carril-bici que non é tal
Esta fin de semana oito ciclistas foron atropelados na estrada PO-325, á altura de Oia, nunha vía que conta cun carril-bici que leva anos sendo criticado pola súa inutilidade e perigosidade.
Lugo manifestarase este xoves contra o baleirado de contido da ILP do HULA
SOS Sanidade Pública reclama unha vez máis a posta en marcha dos servizos de hemodinámica 24 horas, radioterapia e medicina nuclear no Hospital Lucus Augusti, unha demanda contida na ILP aprobada por unanimidade no Parlamento en marzo, modificada "nos seus contidos e prazos" polo PP.
Atopan cascudas na cociña do Hospital Xeral de Vigo
Persoal das empresas concesionarias dos servizos de limpeza, cociña e mantemento do Sergas denuncian que "os recortes" xa "afectan a pacientes usuarios" pola merma das condicións hixiénicas. Os animais, din, "apareceron "na bandexa dun paciente e na propia cociña".
"A crise amosa o que levamos anos denunciando: este sistema só xera pobreza"
Lucía López Bayo, nova presidenta de Implicadas no Desenvolvemento, explica os plans de futuro da ONG galega.
Xabier P. DoCampo, escritor na súa terra
O autor foi homenaxeado pola AELG en Castro de Ribeiras de Lea, o lugar onde se criou. Un monolito, a plantación dunha árbore (unha cerdeira) e a atribución do seu nome a unha avenida centraron os actos, que finalizaron cun xantar.
Celebra o San Xoán, pero non maltrates o medio ambiente
Este vindeiro luns celébrase a noite do lume novo, na que milleiros de cacharelas iluminarán o ceo e na que todo o aire ulirá a madeira, a fume e a sardiñas. ADEGA ofrece unha serie de recomendacións para que a celebración non prexudique a contorna.
Festivais de música: Moito máis que concertos
O vindeiro xoves 3 de xullo comeza na Illa de Arousa o novo Festival do Norte. Un cartel encabezado por The Horrors, Veronica Falls, Is Tropical, Lori Meyers ou Austra aséntase sobre un moi variado menú de actividades para todas as idades. O mesmo pasa en Portamérica, Romaria Pop, Surfing the Lerez...
Un extraballador da Torre de Hércules persóase como afectado pola trama da 'Pokemon'
Entende que o seu despedimento e o dos seus doce compañeiros e compañeiras puido estar relacionado coa concesión a dedo dun gran número de postos de traballo nos ámbitos públicos xestionados en réxime de concesión por empresas pertencentes ao Grupo Vendex.
O obxectivo: Evitar que ENCE permaneza en Lourizán até o 2078
A Plataforma 2018, composta por 32 colectivos, convoca unha nova marcha contra as celulosas en Pontevedra. Será este sábado a partir das 19.30 horas. Tamén este sábado as Marchas da Dignidade chaman a Rodear o Parlamento reclamando "pan, traballo e teito".