Como protexer a túa privacidade nas redes sociais?
Código á Feira, o blog de programación de Praza Pública, publica un interesante post sobre as novas ferramentas de identificación de rostros en imaxes empregadas por Facebook, con algúns consellos para protexer a nosa intimidade.
O Parlamento debate o informe do Valedor do Pobo, inzado de incumprimentos da Xunta
Para AGE, o documento demostra que "as políticas do Partido Popular están as poñer en risco a vida das persoas". O PSdeG-PSOE critica o “absoluto e lamentable desinterese do PP” por nomear un novo Valedor, posto vacante e ocupado por un dos vogais dende hai ano e medio
O Comité de Empresa da TVG critica a emisión das fotos de Asunta na canle pública
A representación dos traballadores e traballadoras considera que a difusión destas fotografías, a través dun programa realizado por unha produtora externa, podería vulnerar gravemente a Lei do Menor.
Os sindicatos denuncian "fraude" nas contratacións de 'Foro Aberto'
Segundo CIG, UGT e USO, a contratación de Carlos Luis Rodríguez e Pablo Acción encobre unha relación laboral de natureza ordinaria, que "debería prestarse por persoal laboral da TVG".
As cooperativas crecen no medio da crise
As cooperativas agroalimentarias galegas creceron un 13% en facturación e un 7% en volume de emprego nos últimos cinco anos, como se destacou na XXVI Asemblea Xeral de AGACA.
Festa das letras nos Premios Xerais
María Reimóndez, Ledicia Costas e Eduardo Santiago gañan os Xerais do 2014, entregados nunha festa literaria na illa de San Simón
Na rúa para pedir a palabra e a República
As principais cidades galegas acollen concentracións e manifestacións para esixir que a cidadanía poida "decidir" directamente o futuro político de Galicia e do Estado tras a abdicación do rei. Galería de imaxes no interior
O BNG arrodea o Parlamento "contra a operación Felipe" e por unha República galega
A mobilización convocada polo Bloque e secundada por varias organizacións logra circundar a sede do lexislativo galego para reivindicar unha República galega. A formación frontista acude tamén ás marchas republicanas convocadas para a tarde do sábado. Vídeo no interior
Sábado republicano en Galicia
Múltiples convocatorias animan a reclamar na rúa o dereito a decidir da cidadanía tras a abdicación de Juan Carlos I. O BNG convoca un acto simbólico en torno ao Parlamento a prol da República galega e lamenta que non se conforme unha "mesa galega de partidos" que apoie o "dereito das nacións a decidir".
Os sindicatos acusan a Educación de "desprezar o profesorado" e abandonan a mesa de negociación
Todas as organizacións sindicais do ensino con representación na mesa sectorial docente acusan a Consellaría de vulnerar as canles de negociación legalmente establecidas e de tentar aprobar aceleradamente os currículos de Primaria e FP Básica.
Pemex sae de Repsol e fai regresar as dúbidas sobre as promesas para Galicia
A petroleira mexicana vende as súas accións na española pola súa "baixa rendibilidade" e fai retornar as incertezas a investimentos como a prometida instalación no porto exterior da Coruña.
Eme2 trae a Compostela 'Meu Ben', a adaptación da exitosa obra de Elaine Murphy
A peza representarase dende este mércores e até o domingo no Salón Teatro. A comedia está protagonizada por Mercedes Castro, Elina Luaces e Rocío González e dirixida por Alvaro Lavín.