Politólogos da USC estudan repudiar a Pujol como padriño da súa promoción
A promoción de Ciencia Política 2008-2012 debate un comunicado que someterá a votación para decidir se toma a decisión de "declararse orfa" dun padriño que vén de recoñecer que mantiña contas sen declarar no estranxeiro. "Política e ética deben ser inseparábeis", aclaran.
Un sindicato noruegués financia as exhumacións de guerrilleiros galegos
Unha central sindical de electricistas achega 6.000 euros á ARMH, o que permitiu xa recuperar os restos do antifascista galego Perfecto de Dios en Ávila e que permitirá comezar os traballos para exhumar os dun dos 'Pitacega' en Murias de Rao (Lugo).
Besteiro entra na dirección do PSOE pactada con Díaz e controlada polos baróns
Os galegos José Blanco, Pilar Cancela, Carmela Silva e Mar Barcón forman parte do Comité Federal tras un congreso onde se evidenciou o voto de castigo a Pedro Sánchez, con 136 votos en branco, case un 14% do total.
Vítimas de Angrois pídenlle a Feijóo que marche por negarlles a entrada á homenaxe
A Plataforma Vícitmas Alvia 04155 escribe unha dura carta ao presidente, ao que acusan de ter unha conduta "contraria aos dereitos humanos e aos máis mínimos sentimentos de humanidade" logo de que "unha muralla de policías" vetase a súa asistencia á entrega das Medallas.
A EPA que nega a recuperación e confirma a continua destrución de horas de traballo
No Estado perdéronse case catro millóns de horas traballadas no segundo trimestre ao tempo que hai 128.800 ocupados máis, segundo analiza Enrique Negueruela, que advirte do risco de "confundir a creación de emprego coa precarización do existente"
Anova aposta forte por listas "de base cidadá" e unitarias de cara ás municipais
Beiras e Noriega insisten na necesidade dunha "fronte popular" contra a dereita, defenden a creación de candidaturas cidadás "sen acordos por arriba e nas que sexa o pobo quen máis ordene" e saudan iniciativas como a Marea Atlántica da Coruña.
O Foro da Familia presiona a Rajoy para que recorra a lei LGTB galega
Escríbelle ao presidente pedíndolle que leve ao Constitucional a pioneira norma aprobada polo Parlamento e que cren que "impón un pensamento único" e supón "unha ameaza para os dereitos dos pais de educar os fillos en liberdade".
Unha sentenza ratifica o enchufismo do PP de Ourense para amañar oposicións
O xulgado do contencioso-administrativo número 1 de Ourense ditamina o amaño de tribunais de oposición e anula dúas prazas denunciadas pola CIG no Concello de Xinzo de Limia.
Pedraz pide axuda á UE para lograr que declaren os presuntos asasinos de Couso
Denuncia a impunidade do caso do camarógrafo galego e intenta evitar o bloqueo dos Estados Unidos implicando na investigación a Genocide Network, unha rede de cooperación europea sobre xenocidio e crimes de guerra e contra a humanidade.
En galego... Festa Rachada!
A Mesa pola Normalización Lingüistica lanza unha campaña pola promoción da música galega nas festas. Verbena Galega, este venres en Oleiros e o sábado en Pontevedra, é un exemplo de iniciativa a prol da música en galego
Traballadores e vítimas reclaman responsabilidades políticas un ano despois da traxedia do Alvia
Familiares dalgúns dos 79 falecidos e falecidas concentráronse este xoves na praza do Obradoiro para esixir a "verdade" sobre o accidente e que se depuren as responsabilidades, unha demanda expresada tamén pola Plataforma de Bomberos Públicos de Galicia e por AGE e BNG
O Foro Económico de Galicia presenta unhas bases para a creación dunha marca-país
O informe, presentado por Fernando González Laxe, José Luis Gómez e Santiago Lago, propón as bases para a creación dunha estratexia e dunha liña de traballo para a acción exterior de Galicia