Podemos non irá ás municipais en todo o Estado e apoiará listas cidadás
A idea é apoiar plataformas populares sen poñer as súas siglas como soporte único de ningunha lista. O equipo promotor do partido quere evitar que cos comicios locais se acaben coando candidatos non contrastados.
A-8, o Angrois da Mariña
Praza Pública
O principio da fin de Ence na ría?
O Supremo manda tramitar a caducidade da súa concesión e Salvemos Pontevedra interpreta que supón tamén o futuro cesamento da súa actividade. A empresa entende que pode seguir "e seguirá" realizando as súas actividaes en Lourizán.
Sete de cada dez desempregadas galegas non cobran prestación ningunha
A taxa de protección en Galicia sitúase no 33,2%, vinte puntos menos que a taxa de cobertura, que só inclúe os parados rexistrados e non se basea na EPA. Uns 190.000 desempregados en Galicia non cobran subsidio ningún.
A Marea Atlántica segue a subir e xa supera as 1.100 sinaturas
O manifesto desta iniciativa cidadá que ten a vista posta nas eleccións municipais acada case a metade do seu obxectivo a dous meses da data límite que se puxo para avalar a súa aceptación entre a sociedade coruñesa.
AGE censura que a Xunta exixa "non exercer a prostitución nin a mendicidade" para cobrar a Risga
O deputado Juan Fajardo cre que o control que se exerce sobre os receptores desta renda de integración "é maior que o de calquera cargo público".
Persoal sanitario da Coruña e Vigo volve saír á rúa contra os recortes
Maniféstanse a favor da sanidade pública e contra a privatización. No CHUAC exixen máis persoal para unhas Urxencias "desbordadas" e na cidade olívica protestan pola ubicación do laboratorio no Meixoeiro e non no novo hospital.
Fomento expedienta a Audasa tras as múltiples queixas e a censura do Valedor
O Ministerio ábrelle expediente informativo polas "demoras excesivas" que se dan acotío nas peaxes, algo que xa fixera hai dous anos sen resultado ningún.
A metade dos parados galegos levan máis de ano e medio sen traballo
O número de parados de longa duración aumentou con respecto a hai un ano, segundo os últimos datos da EPA, que revelan que case 145.000 persoas acumulan 18 meses sen atopar traballo.
O PPdeG lidera a ofensiva contra os gobernos de coalición
Impulsará mocións en todos os concellos e unha iniciativa no Parlamento para que goberne o candidato máis votado e se veten os gobernos de coalición.
A Deputación busca presionar a Fomento para mellorar a A-8 tras o accidente en Abadín
Besteiro promove unha declaración institucional co apoio de todos os grupos para pedir melloras, en especial no treito entre Abadín e Mondoñedo, e o BNG presenta unha moción de urxencia para que técnicos de Fomento revisen o polémico tramo.
O Valedor investiga os atascos na AP-9 e censura a Audasa, que segue a ignorar á Xunta
Cualifica de "prexuízo inadmisible" a reiteración de colapsos na autoestrada sen que se acheguen solucións mentres o Goberno galego limítase a pedirlle á concesionaria que "poña medios" e opta por darlle "toques de atención". As retencións repetíronse na pasada fin de semana.