Dinahosting creceu un 15% no 2013
A empresa galega, fundada en 2001, factura máis de dez millóns de euros e dálles servizo a máis de cen mil clientes. Destaca que segue a xerar "emprego estábel e de calidade", e conta xa con 84 traballadores e traballadoras no seu cadro de persoal
Paus e cinta illante para (non) evitar os cortes de luz
Veciños e veciñas de Mandaio, en Oza-Cesuras, denuncian os continuos cortes de subministro eléctrico e as curiosas solucións de Fenosa para palialos.
Pancartas a prol do aborto libre, non; simboloxía fascista, si
Unha faixa chamando á manifestación contra a reforma do ministro Gallardón foi retirada por axentes de seguridade do estadio de Riazor mentres se mantiñan bandeiras filonazis de ultras do equipo rival.
A USC xa ten radio, online e aberta a todos e todas
Falamos cos responsables desta emisora, que conta xa con once programas multilingües, con contidos culturais, científicos e tecnolóxicos, e que contan coa colaboración de colectivos externos á universidade.
O centenario do nacemento de Díaz Castro abre un ano de celebracións
O poeta naceu o 19 de febreiro de 1914. O Concello de Guitiriz programa un amplo conxunto de actos para este mércores, entre os que destaca a presentación do libro Xosé María Díaz Castro. Vida e obra, de Armando Requeixo, e do documental O instante eterno, de Xosé Antón Cascudo.
As reválidas na LOMCE, ou como segregar o alumnado
Xosé Ramos Rodríguez, membro de Nova Escola Galega, analiza as consecuencias que para o alumnado, o profesorado e o sistema educativo no seu conxunto terá o regreso dos exames de reválida ao final de cada etapa
Os veciños de Galeras volven protestar "contra a ocupación de espazo público para uso privado"
Ao redor de 200 persoas, o dobre que a semana pasada, concentráronse este sábado contra o proxecto do Concello de Santiago de reducir a extensión dun parque público para construír un novo acceso a un aparcamento privado.
Vence chama a aproveitar as eleccións europeas para frear as políticas de recorte do PP
O portavoz nacional do BNG interveu na clausura da XII Asemblea da ALE, en Compostela, e acusou a Feijoo de carecer dun "proxecto de futuro para Galiza" e de colaborar "submisamente no proceso recentralizador do PP estatal".
Quen son os primos e quen os irmáns?
Desconcierto Cultural organiza este sábado en Compostela o Festival Primos Hermanos, que busca a unión entre músicos galegos e asturianos e que incluirá os concertos de Xabel Vegas e Elle Belga (Casa das Crechas), Pablo und Destruktion (Kuntshalle) e Tuya e Fasenuova (Cachán). A sidra será galega.
A Deputación de Lugo rescinde o contrato cunha empresa que baixou os soldos
Alcor Seguridad reduciu os salarios "amparándose na reforma laboral" e o organismo provincial considera que a empresa incumpriu as condicións laborais dos seus propios traballadores e "infrinxiu o contrato" coa Deputación.
O xuíz acusa a Adif de "aumentar o risco" de miles de persoas só por "razóns comerciais"
Asegura que o cambio de sistema de seguridade realizouse para lograr unha "insignificante rebaixa nos custos" e "menos minutos de viaxe" co obxectivo de "captar usuarios con fins lucrativos".
O BNG cre que o PP dá "motivos engadidos a Galiza" para avanzar na soberanía
Xavier Vence asegura que "non hai absolutamente discrepancia ningunha" no Bloque para concorrer en coalición con EH-Bildu aos comicios europeos tras as críticas da corrente Abrente que lidera o ex parlamentario Carlos Aymerich.