Crean unha app para rexistrar avistamentos de paxaros nas Illas Atlánticas
Os usuarios e usuarias poden xeolocalizar as súas observacións, compartir a información e interactuar cos outros afeccionados e afeccionadas.
A Marea Atlántica abre o diálogo coas organizacións políticas e sociais da Coruña
"Non sobra ninguén. Todas somos necesarias. Só así lograremos que a maioría social tome María Pita", di o proxecto nun comunicado no que aclara que non vén "substituír ningunha formación" e no que pide "xenerosidade" para "entender a diferenza como enriquecedora".
"Vimos dunha estirpe de mulleres que crearon textos para cantalos"
Este venres celébrase na Estrada, a xeito de romaría, o I Día das Galegas nas Letras, organizado pola plataforma de crítica literaria A Sega e dedicado a Dorothé Schubarth, compiladora do Cancioneiro Popular Galego
A emigración galega que non se detén, tamén a outras partes do Estado
Máis de 20.000 galegos emigraron a outros territorios do Estado no primeiro trimestre de 2014. Galicia é unha das autonomías con maior saldo negativo.
Pídenlle á Xunta que non lle negue a un coruñés o tratamento contra o cancro “por motivos económicos”
Rafael, de 68 anos, leva máis dun ano agardando por un tratamento aprobado a nivel estatal que lle foi receitado para tratar un cancro de próstata. A súa familia leva recollidas máis de 170 mil sinaturas a través de change.org
Tres días para votar a túa banda para o Revenidas!
As votacións aos doce participantes no concurso de grupos emerxentes pódense realizar a través da páxina de Facebook até o 14 de agosto. Os tres máis votados pasarán a unha final na que un xurado elixirá unha das formacións, que actuará no festival.
Comuneiros de Cabral interpoñen unha nova demanda xudicial contra a Xunta Reitora por falsear as Contas
O pasado 1 de xuño aprobáronse as contas da Comunidade por 183 votos a favor e 140 en contra. Porén os comuneiros opositores contan con declaracións xuradas de 233 persoas ese día votaron en contra. É a terceira demanda xudicial que investiga o presidente da Xunta Reitora.
Varios centos de persoas piden a fin das touradas en Pontevedra
A participación na manifestación deste sábado, encabezada por unha faixa co lema "A tortura non é arte nin cultura", superou amplamente a asistencia ás mobilizacións de anos anteriores.
Sindicatos de todo o mundo piden a Rajoy que deixe de perseguir o dereito á folga
Máis de vinte centrais envían unha carta e instan o Goberno, o CXPX e o Fiscal Xeral a que retire os cargos contra as persoas condenadas por participar en piquetes, como os galegos Carlos, Serafín, Ana e Tamara. "É unha grave violación do dereito de sindicalización", dinlle.
O Valedor inicia o trámite para que a Deputación clarexe os subsidios taurinos en Pontevedra
O Alto Comisionado admite a trámite a queixa de Galicia Mellor Sen Touradas por non facer públicos os subsidios aos grupos protouradas. A Deputación da Coruña xa fora obrigada a aclarar as subvencións a unha peña.
'Terra e Leite' destaca a necesidade de grandes proxectos industriais de transformación
A asociación lembra que o 28% do leite que se produce en Galicia é comprado por empresas ou cooperativas non transformadoras e sinala que os principais países produtores de Europa están adaptando as súas estruturas de transformación para darlle saída ao leite cara ao mercado mundial.
25 anos da revolta de Allariz
A vila ourensá celebrará este luns o 25 aniversario do movemento cidadán en loita contra o caciquismo que comezou o 11 de agosto de 1989 como protesta contra os vertidos no río Arnoia e que tres meses despois acabou coa renuncia do alcalde e o nomeamento de Anxo Quintana como rexedor.