Á rúa o 17 de maio para "non se resignar" a que o galego teña menos dereitos
Queremos Galego concreta as mobilizacións que se celebrarán polo Día das Letras en oito localidades galegas e fai público o manifesto, elaborado por Marica Campo, que pide rebelarse ante a discriminación á lingua propia.
O BNG denuncia a asignación do mesmo espazo electoral nos medios públicos que á Falange
Presenta un recurso ante a Xunta Electoral Central polo criterio seguido coa formación para o reparto de tempos. Segundo o organismo o Bloque non se presentou aos anteriores comicios europeos, polo que lle corresponde o mesmo espazo que a listas coma o Partido X ou o Partido Animalista.
Feijóo anuncia a dous días da campaña que Navantia fará un barco en setembro
A SEPI avanza en Santiago a construción nos estaleiros ferroláns do "buque gris" que o presidente da Xunta e Montoro prometeran durante os últimos meses. Xerará uns 500 empregos durante 30 meses na comarca, segundo o anuncio que chega antes dos comicios, coma o do encargo de Pemex.
Negreira teima en licitar de novo a feira taurina
O BNG denuncia que o Concello da Coruña licitou este martes a organización e explotación do evento "que cada vez rexeitan máis cidadás e cidadáns" e do que a empresa que o xestionou nos últimos se desentendeu ante a súa nula rendibilidade, a pesar das subvencións de cartos públicos existentes.
O PP, á baixa pero próximo á vitoria nun mar de abstención europea
Ás portas da campaña a maioría das enquisas prognostican un triunfo dos conservadores no medio dun descenso dos seus votos e escanos e tamén dos do PSOE a respecto de 2009. O único inquérito difundido a nivel galego outórgalles aos de Cañete máis do 40% dos votos e achega a abstención ao 60%.
Máis dun cento de producións compiten no Festival Audiovisual Olloboi 2014
Un total de 116 fitas amateurs participan nesta mostra que, promovida pola Asociación Marearte, busca crear canteira entre escolares e non profesionais. A votación para o premio do público pecharase o próximo 9 de maio
"Hai quen pensa que as novas medran en Google e que os xornalistas non comemos"
David Reinero recolle o premio Xosé Aurelio Carracedo polo seu libro Angrois: o AVE en anacos, coeditado por Praza Pública. O xurado valorou a visión "ampla, crítica e obxectiva" sobre o accidente no relato xornalístico.
A convivencia non se impón, constrúese
A día de hoxe, pensar unha sociedade sen violencia é imaxinar utopías. A esperanza nunha educación que mellore esta perspectiva obriga a repensar os centros educativos. Con esta perspectiva vén de celebrarse en Santiago o II Encontro de Centros para unha Convivencia Positiva.
É primavera, imos de feira!
O barrio compostelán de San Pedro celebra unha nova edición da súa Feira da Primavera, un evento nacido para dinamizar o comercio da zona que agora aglutina un amplo programa de actividades e serve de escaparate para o tecido asociativo da cidade.
O alcalde de Monforte, multado con 300 euros por protestar contra Sogama
Severino Rodríguez foi sancionado como representante do colectivo de alcaldes que o pasado 11 de marzo se concentrou ante o Parlamento. El e outros rexedores críticos coa suba do 34% nas taxas pola xestión do lixo comezan a devolverlle a Sogama as primeiras facturas
O desemprego centra as marchas do 1º de maio
Vigo, onde se manifestaron milleiros de persoas, acolleu as mobilizacións centrais de CC.OO. e UGT, da CIG, e da CUT. Os malos datos da EPA do primeiro trimestre centran os discursos, que esixen máis postos de traballo e de mellor calidade, e máis "investimento público".
José Bové apoia en Vigo a candidatura de Ana Miranda para as europeas
O líder agrarista, candidato do Grupo Verdes/ALE á presidencia da Comisión Europea, participou na manifestación central da CIG neste 1º de maio. Salientou o traballo realizado por Miranda no Parlamento europeo, onde defendeu "unha visión global a partir da experiencia propia, nacional"