O Ateneo Ferrolán chama a cidadanía a defender a súa continuidade
A entidade convoca unha concentración para o videiro martes, previa ao inicio do xuízo no que unha empresa de mudanzas lle reclama o pagamento de 39 mil euros, unha débeda que podería provocar a desaparición do Ateneo, e que debería aboar o Concello, segundo os seus responsables.
A Marea de Vigo bota a andar buscando a participación dos movementos sociais
A plataforma cidadá celebrou este xoves a súa primeira xuntanza. O vindeiro luns está convocada unha nova reunión aberta co obxectivo de preparar a seguinte asemblea deste proceso
Denuncian a "utilización fraudulenta" das brigadas de extinción na Estrada
Apropiga sinala que os traballadores da brigada municipal foron utilizados para a colocación de plantas ornamentais ao paso da Vuelta, un exemplo máis da utilización "irregular" e "ao servizo dos alcaldes" que se fai destes equipos
Outra enorme manifestación presiona a Mas para que "poña as urnas" en Cataluña
Milleiros de cataláns enchen as rúas de Barcelona en defensa do referendo do 9-N e reclaman á Generalitat que siga adiante co proceso. "Non chegamos aquí para botarnos atrás", din os convocantes, que piden aos políticos que "sexan dignos do pobo que os votou".
O eucalipto ameaza o monte Pindo un ano despois do incendio
A asociación Monte Pindo Parque Natural asegura que empresas con intereses no sector pasteiro visitan a veciñanza carnotá para ofrecerse a retirarlle a madeira queimada e repoboar con eucalipto, que xa "ameaza" especies autóctonas que lograron sobrevivir ao lume.
A mina de Corcoesto deixa de ser "estratéxica" para a Xunta
A Consellería de Economía confirma que a condición de proxecto clave industrial que lle dera o Executivo de Feijóo -e que lle facilitaba moito os trámites á empresa mineira- xa non é tal, pero insiste en que a DIA podería seguir vixente de presentarse outra iniciativa.
A TVG externaliza en bloque boa parte das súas retransmisións
O comité de empresa da CRTVG denuncia que xa se tramita un concurso público para "privatizar" numerosas retransmisións de eventos por primeira vez na historia da canle. Unha produtora privada poderá realizar ata 30 eventos durante dous anos por 150.000 euros.
O curso comeza como rematou: protestas contra os recortes e a precarización
Os sindicatos mobilízanse no día no que 200.000 alumnos de Infantil, Primaria e Educación Especial volven ás clases. Denuncian os recortes en docentes, a supresión de unidades, a precarización da ensinanza ou a implantación "apresurada" da Lomce.
Caballero recorre a sentenza que ordena derrubar a cruz franquista do Castro
O alcalde de Vigo anuncia que o Concello presentou recurso ao ditame que obriga á retirada do monumento mentres a asociación pola memoria histórica, o BNG e EU pídenlle que acate o ditame e proceda á súa eliminación.
Somos Maioría decidirá en votación se aposta por confluír coas 'mareas' cidadás
Fará un referendo telemático entre os asinantes para decidir se fai un "chamamento á cidadanía e aos partidos" que compartan os seus principios para unirse en candidaturas cidadás e unitarias de cara ás eleccións municipais.
O 'si' á independencia de Escocia xa supera o 'non' nas enquisas
O apoio ao soberanismo gaña por primeira vez nun inquérito (51%-49%) e Londres xa ofrece unha maior autonomía fiscal aos escoceses no caso de que rexeiten a creación dun Estado propio e nega que poidan compartir a libra no caso da separación.
Anova aposta pola "confluencia nacional" das distintas 'mareas' cidadás
A formación nacionalista aposta polas iniciativas populares "sen tutelaxe" e insta a buscar "unha fórmula electoral que as xunga" para poder "dar a batalla tamén nas deputacións" e ante os requisitos que impón a lei electoral.