'Pancho', o derradeiro guerrilleiro en activo
Francisco Martínez Leira, Pancho, foi asasinado pola Garda Civil en Pontedeume o 31 de decembro de 1954. No 60 cabodano da súa morte un ciclo de actos homenaxean unha das persoas que durante máis tempo mantivo activa a acción da guerrilla en Galicia.
O xeito gaña a súa primeira batalla en Europa
A arte tradicional vén de ser excluída da prohibición de redes de deriva na Comisión de Medio Ambiente do Parlamento Europeo tras a presión que a delegación do sector liderado polo BNG fixo na Eurocámara.
A CRMH fai un novo intento para que A Coruña suprima de vez a simboloxía franquista
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica entrega ao alcalde unhah proposta de moción para acabar coas denominacións franquistas das rúas da cidade e retirar o recoñecemento a Manuel Fraga.
Unha xeración con moito que contar
A Deputación de Lugo vén de poñer en marcha Memoria Dixital Tic-Tac, que busca ser un rexistro audiovisual de fragmentos da historia local a través dos testemuños das persoas de máis de 55 anos que participen na iniciativa.
A xustiza confirma que Navantia non pode librarse de pagar o IBI en Ferrol
Un xulgado ferrolán ratifica a sentenza do Tribunal da UE, que consideraba que a exención fiscal ao estaleiro público podía supoñer unha axuda ilegal do Estado.
Povisa: un negocio millonario que non impide o ERE
O hospital privado tivo en 2014 11 millóns de euros de beneficios e supón a principal fonte de ingresos de José Silveira Cañizares, propietario do holding Naviera Elcano, que non sufrirá axustes. Os traballadores do centro médico denuncian a precarización laboral.
Renfe deixa varias localidades galegas sen outro tren directo a Madrid e Barcelona
A CGT denuncia que a compañía mantén a súa política de recortes e suprime os ferrocarrís hoteis que conectaban o país coa capital do Estado e Cataluña os sábados pola noite.
O Concello da Coruña gastou case 400 mil euros na cabalgata de Reis
Os gastos totais dos festexos de nadal, aos que tivo acceso o BNG, superaron o millón de euros. O Bloque critica que o PP "gaste esta cantidade obscena cando recorta en cultura e en servizos sociais". O custe das últimas Festas de María Pita superou os dous millóns
A "nova emigración" galega baleira de mozos un país "estancado"
O Foro Económico de Galicia advirte dos 21.100 mozos activos que perdeu o país e do "estancamento" dunha economía galega "freada" polo peor comportamento do comercio exterior e polo retroceso do sector industrial. Consulte o informe no interior.
A AGAL debate se participa ou non na manifestación de Queremos Galego
Os asociados deciden se a entidade reintegracionista participa como colectivo na mobilización do 8 de febreiro ao considerar necesario un "cambio de estratégia" ante unha convocatoria que "só atinge umha parte da problemática e centra-se demasiado na denúncia anti-governamental".
Ecoloxistas e propietarios acusan a Xunta de impoñer o seu plan de xestión para as Fragas do Eume
Tralo inicio da tramitación do Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque Natural, as entidades representadas na Xunta Consultiva do Parque esixen "un auténtico proceso participativo" no que se teñan en conta as súas propostas "para acadar un documento final útil e consensuado".
Ence, TTIP e plano de desenvolvemento rural centraron a 39 asemblea de ADEGA
A entidade, que neste 2015 celebrará o seu 40 aniversario, renovou este sábado a súa Xunta Directiva, que segue a ser presidida por Virxinia Rodríguez. Entregou os premios Osíxeno e aprobou tamén propostas de resolución sobre os comedores escolares ou a vespa velutina.