Que facemos co encoro da Baxe, no Umia?
Quinteiro do Umia analiza nesta reportaxe o estado actual do Plan Umia, un custoso proxecto (22 millóns de euros) posto en marcha en 2011 pola Consellaría de Medio Ambiente para atallar a grave contaminación da presa, que aínda persiste.
As rapazas da 'Irmandiña' volven reinar na area
A selección galega feminina revalida o título de campioa de España logo de vencer en todos os partidos do torneo disputado a pasada fin de semana nas Canarias.
Máis de 40 mil persoas vibraron co Resurrection Fest
O festival de Viveiro pechou unha edición que será lembrada tanto pola súa calidade e eclecticismo musical como pola sentida homenaxe a Melchor Roel, ex alcalde da vila e un dos principais impulsores do evento.
Laila, unha moza de Gaza
O blog Diario de Palestina cóntanos a historia de Laila, unha moza de 21 anos que vive en Gaza, unha moza que "non é unha cifra" e que ten "soños que aniquilan cada segundo"
Galicia lidera o descenso do paro en xullo pero tamén o aumento da temporalidade
Os contratos do verán permiten unha baixada do desemprego rexistrado en máis de 12.000 persoas no país, que encabeza este descenso, pero que lidera tamén o incremento no número de contratos temporais no Estado.
O Estado retira as sancións aos emigrantes retornados tras meses de presión cidadá
Facenda dá seis meses para regularizar sen sanción as pensións do estranxeiro a partir de 2015, ano electoral, e devolverá os cartos a quen xa regularizase a súa situación e tivese que pagar recargo.
A Xustiza anula os servizos mínimos impostos polo Concello na folga de lixo de Lugo
Acepta o recurso presentado polos traballadores e suspende o decreto polo que o goberno local elevaba do 50 ao 100% eses servizos mínimos.
A Xunta outorgou un préstamo millonario a Barreras días antes da venda a Pemex
O Goberno galego facilitou a operación da petroleira a través dun préstamo participativo de 2 millóns ao estaleiro 18 días antes de que a empresa anunciase a compra da firma viguesa, segundo adianta Ecomomía Digital.
Prolingua exixe a verdade á Xunta ante a "dramática" situación do galego no ensino
Esixe a Xesús Vázquez que faga públicos os resultados da avaliación da situación da lingua propia nas escolas. "Só a verdade nos fará libres", titulan unha carta dirixida ao conselleiro.
O Estado recúa e manterá os 45 partidos xudiciais de Galicia
Así o anunciou o ministro de Xustiza tras a súa xuntanza con Núñez Feijóo. Vigo, Compostela e Ferrol tamén terán un tribunal de instancia propio, tras a rectificación do Goberno central da lei de reforma da planta xudicial.
Baltar, o "cacique bo" que fixo da Deputación a súa "empresa privada"
O ex presidente do PP de Ourense foi condenado a nove anos de inhabilitación por un delito de prevaricación continuada tras se demostrar que colocou 104 persoas no organismo provincial. A sentenza non terá efecto ningún ao estar xa retirado da política.
O Goberno activa desde hoxe o pago de centros privados ás familias que exixan o castelán
Os pais que rexeiten modelos lingüísticos por considerar que non se lles garante o ensino en español poden solicitar desde este xoves que a Administración lles subvencione a escolarización dos fillos, tras a publicación no BOE dun decreto que nada fai por garantir o ensino en galego.