Un SOS polos dereitos dos inmigrantes
O Foro Galego de Inmigración presenta o documento final da súa campaña contra a discrminación das persoas migrantes e envía o texto ao presidente do Goberno para que "mellore as políticas dirixidas cara a este colectivo".
"O clasismo e o racismo están unidos; se eu fose futbolista, tería entrado no pub"
Massamba Djitté, senegalés residente na Coruña, foi un dos mozos aos que dous locais nocturnos lle prohibiron a entrada nunha iniciativa de SOS Racismo que demostrou a discriminación racista que sofren estranxeiros nalgúns bares e pubs durante as noites de festa.
A veciñanza de Teis esixe que PSOE e PP expliquen os "intereses" na privatización do centro cívico
Este martes celebrará unha asemblea aberta e unha nova manifestación en defensa da xestión vecinal do centro cívico. Acusan a Caballero de "empregar recursos públicos para beneficiar aos seus apoiantes ou para retirarllelos a aqueles que non aplauden con enstusiasmo as súas ocorrencias".
Discriminación racista nas noites de festa en Galicia
Dous pubs da Coruña vetan a entrada a tres parellas estranxeiras mentres permiten o paso a un grupo galego que os acompañaba nun estudo realizado por SOS Racismo en varios locais e tamén noutras catro cidades do Estado e que revela a xenofobia no ocio nocturno.
María Wonenburger, talento e paixón polas matemáticas
O pasado 14 de xuño faleceu aos 86 anos na Coruña María Wonemburger, referente mundial no mundo matemático que non foi recoñecida en Galicia ata o derradeiro treito da súa vida
O malditismo, de Baudelaire a Cobain ou Panero, na Cidade da Cultura
O Gaiás acollerá o vindeiro sábado 28 de xuño unha xornadas de debate sobre Malditos, transgresores, inadaptados… A excentricidade como pauta de vida, coa participación de Vicente Molina Foix ou Bieito Iglesias. Trátase da derradeira cita do ciclo Nexos
Vigo tínxese de lila en demanda do dereito ao aborto
Máis dun milleiro de persoas participaron na mobilización convocada pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto. O PSOE vén de esixirlle ao Goberno que remita a súa contrarreforma ao Consello de Estado.
Os insectos polinizadores achéganlle máis de 130 millóns de euros anuais á agricultura galega
Xosé Veiras publica no blog Un claro no bosque unha análise da importancia económica das abellas para as producións agrarias, na que critica os efectos dos insecticidas nas abellas, e defende a agricultura ecolóxica.
Coia: tempo de festa e tempo de reflexión sobre o pasado do barrio
O vindeiro 21 de xuño, coincidindo coa festa da Bouza, o blog Alicerces e a ODS de Coia organizan un faladoiro no que tres habitantes do barrio dende hai décadas, Ángel Vila, Manolo Pipas e Marisa Andrade, falarán sobre a evolución deste espazo.
A Informatica galega celebrou a súa gran 'noite'
Na Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, organizada polo CPEIG, o pontevedrés Adrián Pérez Diéguez gañou o Premio Proxecto Fin de Carreira. O Premio Ada Byron foi Bertha Guijarro Berdiñas. Igalia levou o Premio Iniciativa Empresarial
Tragsa comeza a recoller lixo en Lugo con protección policial
Os traballadores de Urbaser denuncian que a contratación de Tragsa "vulnera o dereito de folga". A empresa pública comezou este sábado a recoller residuos no centro da cidade, contratada polo Concello
Máis da metade do Goberno compostelán serán edís non electos
Agustín Hernández anunciou a composición definitiva da coporación, na que hai sete concelleiros e concelleiras non elixidos pola cidadanía, entre eles a senadora María Jesús Sainz ou a actual directora do IGVS, Teresa Gutiérrez. Ángel Currás tamén se mantén no grupo.