Máis de 200 persoas autoincúlpanse tras o intento de deter un desaloxo en Aríns
Stop Desafiuzamentos Compostela levou a cabo unha campaña de autoinculpación logo de que varias persoas foran detidas tras intentar deter o desaloxo dunha familia hai máis de tres meses
Grecia dálle a vitoria a Syriza e "manda a troika ao pasado"
O escrutinio deixa ao bordo da maioría absoluta á coalición de esquerdas, que anuncia "un goberno social de salvación" e celebra uns resultados que "son a vitoria de todos os pobos europeos contra a austeridade". A formación de Tsipras comeza a procurar acordos para gobernar.
Anova aposta polas mareas cidadás e por unha "marca común" que lles dea cobertura
A formación nacionalista primará a unión popular pero non ve "acaída" a creación de agrupacións de electores, senón de partidos a nivel local para poder crear unha "coalición instrumental" que evite "a fragmentación política e nacional e permita dar a batalla nas deputacións"
A cidadanía a través do 'crowdfunding' evita o desafiuzamento de tres familias galegas
A ONG Ecos do Sur lanzou unha iniciativa pioneira para evitar o desaloxo de tres familias da Coruña e Vigo antes do mércores. A entidade, que xa paralizou varios lanzamentos, logrou superar a cantidade necesaria para paralizar o desaloxo inmediato grazas á difusión nas redes sociais.
Syriza aposta todo á maioría absoluta para "rachar coa troika" en Grecia
Tsipras pide "a forza suficiente para negociar" a débeda do país e "recuperar a dignidade" do pobo nunhas eleccións nas que é o gran favorito e no que está a un chisco da maioría absoluta.
As obras do AVE multiplican a contaminación no río Támega
As analíticas encargadas por Adega revelan altos niveis de arsénico e chumbo que multiplican por moito os valores contaminantes admitidos pola lei. A entidade ecoloxista advirte do "risco sanitario e ambiental para a comarca de Verín" e pide que se "impidan novas verteduras de Adif".
O TSXG aclara que a Xunta debe cofinanciar os servizos sociais nos concellos pequenos
O alto tribunal dálle a razón á Deputación de Lugo nunha sentenza na que considera unha "obriga legal" do Executivo colaborar no financiamento. A entidade provincial reclamará as cantidades non achegadas polo Goberno galego desde 2012.
Edgewater leva aos tribunais á Xunta, á que reclama 20 millóns de euros
A multinacional pide ante o TSXG a devolución do investimento realizado na mina de Corcoesto e unha indemnización por danos á súa imaxe. Os diferentes colectivos contrarios ao proxecto advirten da ameaza que agora supón Sacyr.
Os xornalistas de La Capital van á folga ante o terceiro ERE en menos de tres anos
Os traballadores de Diario de Ferrol, El Ideal, DxT, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños mobilízanse ante a ameaza de despido para a metade deles. Reclaman o pago das débedas e un plan de viabilidade nun grupo que segue a recibir cartos públicos da Xunta.
O novo 'Tempo Exterior' describe as tendencias dun mundo en cambio acelerado
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) vén de publicar o número 29 da súa revista Tempo Exterior, centrada nos cambios que se albiscan na contorna internacional, coma o declive estadounidense ou a evolución dos BRICS
'Pancho', o derradeiro guerrilleiro en activo
Francisco Martínez Leira, Pancho, foi asasinado pola Garda Civil en Pontedeume o 31 de decembro de 1954. No 60 cabodano da súa morte un ciclo de actos homenaxean unha das persoas que durante máis tempo mantivo activa a acción da guerrilla en Galicia.
O xeito gaña a súa primeira batalla en Europa
A arte tradicional vén de ser excluída da prohibición de redes de deriva na Comisión de Medio Ambiente do Parlamento Europeo tras a presión que a delegación do sector liderado polo BNG fixo na Eurocámara.