O curso comeza como rematou: protestas contra os recortes e a precarización
Os sindicatos mobilízanse no día no que 200.000 alumnos de Infantil, Primaria e Educación Especial volven ás clases. Denuncian os recortes en docentes, a supresión de unidades, a precarización da ensinanza ou a implantación "apresurada" da Lomce.
Caballero recorre a sentenza que ordena derrubar a cruz franquista do Castro
O alcalde de Vigo anuncia que o Concello presentou recurso ao ditame que obriga á retirada do monumento mentres a asociación pola memoria histórica, o BNG e EU pídenlle que acate o ditame e proceda á súa eliminación.
Somos Maioría decidirá en votación se aposta por confluír coas 'mareas' cidadás
Fará un referendo telemático entre os asinantes para decidir se fai un "chamamento á cidadanía e aos partidos" que compartan os seus principios para unirse en candidaturas cidadás e unitarias de cara ás eleccións municipais.
O 'si' á independencia de Escocia xa supera o 'non' nas enquisas
O apoio ao soberanismo gaña por primeira vez nun inquérito (51%-49%) e Londres xa ofrece unha maior autonomía fiscal aos escoceses no caso de que rexeiten a creación dun Estado propio e nega que poidan compartir a libra no caso da separación.
Anova aposta pola "confluencia nacional" das distintas 'mareas' cidadás
A formación nacionalista aposta polas iniciativas populares "sen tutelaxe" e insta a buscar "unha fórmula electoral que as xunga" para poder "dar a batalla tamén nas deputacións" e ante os requisitos que impón a lei electoral.
De Lara acurrala a Paula Prado
A xuíza do caso 'Pokémon' relaciona a deputada do PPdeG con supostos delitos de tráfico de influencias, prevaricación, suborno e falsidade documental. A parlamentaria segue sen dimitir malia as exixencias da oposición.
A Xustiza ordénalle ao Concello de Vigo retirar a Cruz do Castro
Atende así o recurso contencioso-administrativo presentado pola Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 e pide ao goberno local que proceda a eliminar este monumento fascista. A sentenza pode ser recorrida.
Novos atrancos impiden a atención sanitaria a inmigrantes en Galicia
O Foro Galego de Inmigración denuncia varios casos de persoas que non son atendidas no médico ou teñen que pagar tras serlles retirada a tarxeta sanitaria. O programa de protección social da Xunta exixe complexos trámites burocráticos e non abrangue a xente sen papeis.
Mil persoas a correr para que As Catedrais sexa parque natural
O Concello de Ribadeo acolle este sábado unha media maratón para reivindicar a protección de Augas Santas, por onde só no mes de agosto pasaron case 300.000 persoas.
A Policía constata os pagos a Rajoy en negro desde o PP de Pontevedra
A UDEF coincide coa Intervención Xeral do Estado e cre claro que o PP provincial devolveu en "billetes de 500 euros e en sobres de cor marrón" a Rajoy e Cospedal un embargo que asumira a dirección estatal.
Feijóo 'adxudícase' 10.000 dependentes atendidos durante o bipartito
O presidente da Xunta asegura que o seu Goberno incrementou a atención á dependencia partindo de 14.000 persoas con prestacións, aínda que cando tomou posesión xa eran 25.540. No que vai de ano a Xunta deixou de atender unha media de sete dependentes diarios.
O BNG propón unha "fronte común" contra a reforma electoral e o recorte de deputados
Convoca as forzas políticas, sindicais e sociais a unha xuntanza aberta para se unir e artellar medidas, propostas e mobilizacións contra a "ofensiva antidemocrática e a escalada autoritaria" que o PP pretende para "gobernar sen o apoio da maioría social".