A folga do lixo: unha oportunidade para abrir o debate da compostaxe?
ADEGA esíxelle ao Concello de Lugo que cumpra co compromiso que adoptou en pleno, no ano 2010, de construír unha planta de compostaxe para a comarca
O SLG sinala a "ilegalidade" das prospeccións mineiras de Erimsa en Oroso
O sindicato denunciou a empresa mineira Erimsa ante a Fiscalía de Medio Ambiente por unha posible prospección ilegal de terras. Os permisos de investigación concedidos á compañía suman oito mil hectáreas e distribúense entre os concellos de Oroso, O Pino e Santiago de Compostela.
O TSXG obriga os funcionarios do Concello de Pontevedra a devolver a paga extra de 2012
O tribunal entende que houbo "desviación de poder" por utilizar a paga de produtividade para compensar a supresión da paga extra de Nadal imposta polo Goberno de Rajoy. César Mosquera (BNG) enmarcou o fallo na liña de "usar o aparato represivo do Estado contra todo aquel que discrepe"
Feijoo chama a evitar que Castelao sexa "refén dunha parte de Galicia"
O Parlamento acolleu os actos de conmemoración do 70 aniversario da publicación en Bos Aires do Sempre en Galiza. Para o presidente da Xunta "facelo refén da Galicia de onte ou dunha única parte da Galicia de hoxe é non entender a liberdade pola que el tanto loitou”
A Mesa pide que O Carballiño rescinda o contrato coa empresa que non "entende" o galego
Un dos traballadores da compañía subcontratada para xestionar o servizo telefónico de atención tributaria do Concello negoulle a un usuario o seu dereito a ser atendido en galego
Piden a declaración de Pontevedra como 'cidade antitaurina'
A plataforma Touradas fóra de Pontevedra entregou unha petición no rexistro na que piden a implicación do goberno local para erradicar este espectáculo e propoñen a expropiación da praza de touros para convertela nun centro cultural e social.
Arzúa, capital galega da Lusofonía
O recinto feiral da vila acollerá este sábado o evento éMundial, organizado por AGAL. Un pregón de Xurxo Souto abrirá un intenso programa de concertos, debates e actividades infantís, con especial protagonismo para Semente.
A Plataforma Sarriana ve nas multas por manifestarse "un acto desesperado" da Confederación Hidrográfica
O colectivo cidadán recada cartos para facer fronte aos 35 expedientes sancionadores impostos pola Subdelegación do Goberno en Lugo a outras tantas persoas por participar nas mobilizacións, e que suman 20.550 euros.
As contratacións estivais reducen o paro en 11 mil persoas
O paro baixa en xuño en 122.684 persoas no conxunto de España e queda nunha cifra total de 4.449.701, con 56.622 novos afiliados e afiliadas á Seguridade Social, sobre todo en hostalaría e comercio. En Galicia o paro descende en 11.134 persoas, até as 252.310. A taxa de cobertura redúcese até o 57%
O profesor da USC acusado de homofobia volverá dar clases o vindeiro curso
O docente fora suspendido de emprego e soldo polos seus comentarios homófobos e machistas. Un grupo de estudantes da Facultade de Maxisterio pide a súa expulsión definitiva, o mesmo que o Consello Comarcal de EU Compostela e ALEAS-EU.
Lugo inicia o proceso para elaborar o primeiro orzamento participativo nunha deputación
Ao longo do mes de xullo haberá nove xuntanzas en toda a provincia, nas que poden participar todos os veciños e veciñas. Entre agosto e setembro unha comisión técnica da Deputación analizará as propostas da cidadanía, que tamén de poden realizar a través da web.
Comeza a tempada de alto risco de incendios con alertas de "grave desorganización" nos equipos de extinción
Os profesionais do Servizo Público de Defensa contra Incendios Forestais critican que a Xunta impoña un modelo "fragmentado, desorganizado e non consensuado" e esixen "un sistema único, profesionalizado e público"