Atopan cascudas na cociña do Hospital Xeral de Vigo
Persoal das empresas concesionarias dos servizos de limpeza, cociña e mantemento do Sergas denuncian que "os recortes" xa "afectan a pacientes usuarios" pola merma das condicións hixiénicas. Os animais, din, "apareceron "na bandexa dun paciente e na propia cociña".
"A crise amosa o que levamos anos denunciando: este sistema só xera pobreza"
Lucía López Bayo, nova presidenta de Implicadas no Desenvolvemento, explica os plans de futuro da ONG galega.
Xabier P. DoCampo, escritor na súa terra
O autor foi homenaxeado pola AELG en Castro de Ribeiras de Lea, o lugar onde se criou. Un monolito, a plantación dunha árbore (unha cerdeira) e a atribución do seu nome a unha avenida centraron os actos, que finalizaron cun xantar.
Celebra o San Xoán, pero non maltrates o medio ambiente
Este vindeiro luns celébrase a noite do lume novo, na que milleiros de cacharelas iluminarán o ceo e na que todo o aire ulirá a madeira, a fume e a sardiñas. ADEGA ofrece unha serie de recomendacións para que a celebración non prexudique a contorna.
Festivais de música: Moito máis que concertos
O vindeiro xoves 3 de xullo comeza na Illa de Arousa o novo Festival do Norte. Un cartel encabezado por The Horrors, Veronica Falls, Is Tropical, Lori Meyers ou Austra aséntase sobre un moi variado menú de actividades para todas as idades. O mesmo pasa en Portamérica, Romaria Pop, Surfing the Lerez...
Un extraballador da Torre de Hércules persóase como afectado pola trama da 'Pokemon'
Entende que o seu despedimento e o dos seus doce compañeiros e compañeiras puido estar relacionado coa concesión a dedo dun gran número de postos de traballo nos ámbitos públicos xestionados en réxime de concesión por empresas pertencentes ao Grupo Vendex.
O obxectivo: Evitar que ENCE permaneza en Lourizán até o 2078
A Plataforma 2018, composta por 32 colectivos, convoca unha nova marcha contra as celulosas en Pontevedra. Será este sábado a partir das 19.30 horas. Tamén este sábado as Marchas da Dignidade chaman a Rodear o Parlamento reclamando "pan, traballo e teito".
Dez días de Festiclown 2.0
Este xoves comezou en Rivas Vaciamadrid o Festival Internacional de Clown, que chegará até o vindeiro día 29. Organizado por Pallasos en Rebeldía, comparte sede con Lugo e San Fernando de Henares e inclúe unha gala solidaria co pobo saharauí.
Veciñanza de Cabanas denuncia o PXOM por "beneficiar" os grandes promotores
Sinalan que o elevado número de alegacións ao proxecto (unhas 800) revelan o malestar xerado pola proposta e subliñan que no documento se priman os terreos da Sareb e da familia do exministro franquista Suanzes, "cualificación de edificación aberta ou intensiva"
"A monarquía é a grande metáfora da desigualdade. Por iso hoxe A Coruña dille non"
Máis de tres mil persoas participaron este xoves na cidade herculina nunha mobilización unitaria pola República, "unha marcha exemplar, cívica, pacífica, na que o que nos convoca é a unidade", segundo os seus organizadores. Manuel Rivas o manifesto final.
Satisfacción en Lugo polo regreso da colección de Álvaro Gil ao Museo Provincial
A Deputación pagará 2.346.200 euros polas 40 pezas de ourivaría, que pasarán a ser "para sempre patrimonio de todos os lucenses”. A asociación MariñaPatrimonio celebra a decisión.
A USC non atopa motivo de sanción na denuncia dunha traballadora por "acoso laboral"
Unha traballadora da Unidade de Espectrometría de Masas e Proteómica (RIAIDT) acusara o responsable da unidade de "acoso laboral", o que motivou a apertura dun expediente, cuxa resolución se vén de coñecer, finalizando sen sanción.