Moito que soñar con Manuel Seixas
A web Sonhando con Seixas homenaxea o escritor e músico con textos de amigos (Josito Porto, Carlos Blanco, Bocixa, Uxía...) e versións das cancións de Korosi Dansas, aos que se anima a reunir para un concerto.
O derradeiro adeus galego a Germán Coppini
Publícase Semper Audax (Lemuria), unha edición limitada de disco de vinilo, CD e libro que recolle o concerto que o músico ofreceu en Ferrol en 2009, no que repasou os seus temas máis coñecidos xunto co Comando Delta, grupo formado dentro da Orquesta de Música Espontánea de Galicia
As Marchas da Dignidade preparan en Cangas un ano de mobilización
Representantes de sindicatos e movementos sociais de todas as nacións do Estado participaron este sábado na asemblea de coordinación das Marchas, que confirmaron tres grandes citas: unha gran manifestación en Madrid o 21 de marzo, a celebración do 1º de maio e unha folga xeral o 22 de outubro.
Vence define as candidaturas do BNG como “muros de contención fronte ás políticas devastadoras do PP”
BNG-Asembleas Abertas presentou as súas candidaturas nas sete grandes cidades. O Consello Nacional da formación aprobará o 7 de febreiro as candidaturas para as grandes vilas e nas semanas seguintas as dos restantes concellos.
'A viaxe de Gagarin' e 'Cronoloxía da urxencia', os mellores do ano para Fervenzas Literarias
As obras de Agustín Fernández Paz e Dores Tembrás foron as máis votadas en narrativa e poesía polas lectoras e lectores de Fervenzas Literarias, que tamén escolleron Historia da Literatura Galega II, Lapsus, Reo e Escarlatina. A cociñeira defunta en ensaio, teatro, xuvenil e infantil, respectivamente
Barcos de papel contra o proxecto da rotonda de Coia
Máis dun milleiro de persoas -3000 segundo os organizadores, 450 segundo a Policía Local- manifestáronse onte á note en Vigo contra o proxecto do Concello para instalar o Bernardo Alfageme. Con centos de barcos de papel, demandouse axuda "para as familias que o pasan mal" na cidade.
O BNG ve "esgotado" o Goberno de Feijóo tras media lexislatura
Francisco Jorquera fai balance e considera que o Executivo de Feijóo "carece dunha axenda propia para Galiza" e acusa o presidente de "botar balóns fóra" en temas como "o caos" da sanidade pública.
Galicia queda sen hospital de referencia para casos de ébola
O Meixoeiro de Vigo, que era a referencia en Galicia, non foi incluído entre os sete que se designaron en todo o Estado para o tratamento dos afectados polo virus.
O Foro Económico fai 50 propostas para reactivar o tecido produtivo de Galicia
O documento é unha síntese dos nove traballos elaborados no 2014 por 30 economistas, empresarios e directivos galegos para combater a crise demográfica, mellorar o tráfico portuario galego ou a internacionalización da economía
Galicia perdeu máis de 50.000 empregos na industria desde a chegada de Feijóo á Xunta
O PSdeG lembra que as cifras de traballo industrial están en niveis de 1997 que consensuarán coa patronal e os sindicatos un plan de reindustrialización para o país que "se incorporará ao programa do novo goberno de Gómez Besteiro".
60 mil euros por criticar o modelo de canceira na Coruña?
Os activistas denunciados recibiron o apoio de entidades como Libera así coma de formacións políticas coma Esquerda Unida, Anova, Podemos, Equo, BNG ou a Marea Atlántica, e sindicatos coma a CUT
A caída no número de empresas creadas en Galicia cuestiona o discurso da "recuperación"
En 2014 constituíronse en Galicia menos sociedades mercantís que en 2013: 4.246 fronte a 4.285, un leve descenso que contrasta co ascenso experimentado no conxunto de España e que para Autónomos de Galicia (AUGA) implica que "non é de todo certa a suposta mellora económica"