A dignidade camiña cara a Madrid
Máis de 2.000 galegos chegarán á capital do Estado en tren, autobús ou coche para unirse ás Marchas que este sábado berrarán contra os recortes, a pobreza e a corrupción e a "situación de emerxencia social". Milleiros chegan desde outros territorios, moitos deles a pé.
O cerco galego acata o reparto de Madrid e Euskadi cédelle 400 toneladas de xarda
A asemblea resígnase a aceptar o plan que onte publicou o BOE pero acorda unha fórmula propia para unha distribución máis xusta das cotas de xarda e xurelo. A frota vasca cede parte do seu cupo de xarda aos barcos galegos con menos asignación.
A "paixón" de Manolo González polo audiovisual, premio de honra
Recibirá o galardón Fernando Rey da Academia Galega do Audiovisual do vindeiro 12 de abril na cerimonia dos Mestre Mateo. Destacan o seu "compromiso" coa profesión, posto de manifesto na creación e impulso da Escola de Imaxe e Son da Coruña e na súa xestión á fronte da Axencia Galega do Audiovisual.
Denuncian que a escaseza de prazas para as probas de inglés na USC pode adiar a obtención dos graos
Dende hai anos cómpre acreditar un nivel B1 nunha lingua estranxeira para obter o título de grao. Acción Universitaria denuncia que nesta altura xa non hai a posibilidade de matricularse neste ano nas probas internas que realiza a USC.
Edgewater non se rende e teima no proxecto mineiro de Corcoesto
A multinacional canadense segue á procura de investidores e pretende recorrer ante a Xustiza a denegación da mina por parte da Xunta. "Mentres siga habendo ouro, por moi pequena que sexa a cantidade, as multinacionais vano seguir intentando".
O exemplo do IES Ponteceso: manuais escolares gratuítos para todos
Ningunha familia do centro paga os libros de texto da ESO, grazas a dúas medidas combinadas: a renovación gradual dos materiais por departamentos e a colectivización de todos os cheques escolares que reciben as familias como axuda para a merca de material escolar.
Un 'pícnic' reivindicativo en Compostela contra as obras de Galeras
Nova mobilización contra do Concello de Santiago de reducir a extensión dun parque público para construír un novo acceso a un aparcamento privado.
O cerco anuncia novas mobilizacións tras non aceptar o principio de acordo
A maioría do sector acorda por unanimidade en asemblea exixir a Madrid que rache co actual borrador de reparto de cotas e negocie de cero un novo que sexa xusto coa frota galega. A decisión rompe o pacto deste venres e agrava o conflito.
O xulgado suspende a entrada na cadea de Carlos e Serafín
Paraliza a entrada en prisión dos dous sindicalistas condenados a tres anos por exercer de piquetes nunha folga “mentres se tramita e non se resolva o expediente de solicitude de indulto”.
O PP define a súa estratexia de campaña e xa vincula o BNG co terrorismo
A voceira do PPdeG cre que o Bloque "pide aos galegos que lexitimen máis de 50 anos de terrorismo" coa súa alianza con Bildu, que foi presentada este venres en Bilbao. As dúas formacións buscarán "o apoio" á súa candidatura "noutras nacións e pobos do Estado".
Cambiar a lei para que maltratar un animal non saia tan barato
A asociación animalista Libera e AGE preparan unha proposición de lei e recollen sinaturas para aumentar a contía das multas por crueldade cos animais. En Galicia, maltratar ou deixar morrer un can supón unha multa de tan só 30 euros.
Sés, Caxade e Davide Salvado "sementan" ensino galego
A escola de ensino galego promovida pola Gentalha do Pichel celebra tres anos de vida e celebra o seu terceiro concerto para recadar apoios e seguir a consolidarse e a medrar.