Compromiso inicia as súas primarias para as eleccións europeas
A formación presentou os catro candidatos elixibles nun proceso aberto á toda a cidadanía: Teba Conde, Paulo Carlos López, Xosé Mosquera e Pablo Penedo, non afiliado ao partido. Poderase votar do 12 ao 23 de marzo en sete colexios electorais, situados nas sete cidades galegas.
Máis de 160 persoeiros da cultura galega apoian as Marchas da Dignidade do 22M
"O noso capital é marchar. É ir de fronte contra os poderes políticos, económicos, visibles e invisibles, que o queren comer todo", di o manifesto asinado por escritores, actores, artistas ou xornalistas.
A loita do cerco intensifícase en Galicia
Os mariñeiros trasladan as protestas de Vigo á Coruña, onde bloquearon os accesos e sufriron algunha carga policial. Seguen reivindicando un reparto xusto e igualitario das cotas da xarda e do xurel das que dependen 15.000 familias.
Case 60.000 mulleres galegas novas tiveron que emigrar desde o inicio da crise
O informe da CIG sobre a situación laboral feminina destaca que a recesión e as políticas laborais do PP obrigaron a marchar de Galicia a máis de 58.000 mozas de entre 15 e 34 anos desde 2008.
Teo leva á Fiscalía o contrato con Aquagest que asinou o PP antes de perder o goberno
A asesoría xurídica teense observa indicios de ilegalidade na prórroga do contrato de augas impulsada polo ex alcalde Armando Blanco, que incluía unha suba de tarifas do 24% para a veciñanza.
A acusación pide que declaren os xerentes do PP de Galicia e de Pontevedra pola Gürtel
Adade (Asociación de Abogados Demócratas por Europa) solicita a Ruz que cite como testemuñas os xerentes da formación galega e provincial para que aclaren os supostos pagos en negro a Rajoy e Cospedal.
A Xunta intenta cubrir as eivas da reforma local cunha lei urxente
O Goberno galego entrega á Fegamp o borrador dunha norma que pretende "facilitar a aplicación e interpretación" da normativa estatal, que fora rotundamente rexeitada polos concellos. Consulte o texto no interior.
Máis indicios acreditan pagos en negro a Rajoy desde o PP de Pontevedra
Un informe da Intervención Xeral da Administración do Estado confirma que o PP provincial non devolveu á sede central unha débeda que se pagou en B ao actual presidente do Goberno e a Cospedal, o que daría "verosimilitude" ás revelacións de Bárcenas.
A Gürtel pediu a Rajoy que mediase para poder cobrar actos electorais do PPdeG
Un informe policial conclúe que 'el Bigotes' reclamou en 2003 ao actual presidente do Goberno que intervise para o pago por parte do PP galego de campañas organizadas por empresas da trama.
A crise dispara o risco de exclusión social entre as mulleres galegas
A metade das paradas galegas sono de longa duración e máis da metade destas levan dous ou máis anos en paro, segundo un informe de CCOO que destaca que as políticas da austeridade e a reforma laboral que "están a provocar un intolerable retroceso na igualdade”.
A crise aumenta a parcialidade e temporalidade da muller traballadora
Máis do 75% do emprego a tempo parcial en Galicia correspóndelle ás mulleres e unha de cada catro ocupadas traballa a media xornada, xeralmente no sector servizos. Consulte o informe sobre o mercado laboral feminino.
Contacontos en todos os recantos
Compostela acollerá do 11 ao 22 de marzo o Festival Internacional Atlántica de Narración Oral, que levará por distintos espazos da cidade contacontos de Arxentina, Brasil, Portugal, Irlanda, Camerún, Bretaña ou Galicia.