Crónicas de Gaza: O aniversario de Linda
O blog Diario de Palestina segue poñéndolles nomes e rostros á cifras de vítimas dos ataques do exército israelí en Gaza. Desta volta fala do cumpreanos de Linda, unha das fillas de Ahmad Yacoub, secretario da Asociación de Escritores Palestinos, que o conta a travésdun relato
A metade dos dependentes recoñecidos en Galicia non reciben prestación
"A situación da dependencia é crítica; os recortes supoñen romper co sistema tal e como fora concibido", advirte UGT nun informe no que lembra que o país non chega ás tres prazas residenciais por cada cen persoas maiores de 65 anos, unha ratio á cola do Estado.
A reforma da lei do aborto, "un grave factor de risco para a vida da muller"
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia manifesta a súa "completa oposición" ao texto e solicita manter a vixencia da actual lei de prazos de 2010.
A Xunta autorízalle a CESUGA impartir os graos de Arquitectura e Empresas
O D.O.G. publica este xoves a autorización da Consellaría de Educación para a implantación destas ensinanzas oficiais na universidade privada coruñesa, adscrita á Universidad San Jorge, de Zaragoza.
Chega 'Autobán', un espazo para a autoedición na Coruña
Este venres e sábado a AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) organiza na cidade herculina un minifestival de autoedición e cómic de autor que inclúe un Combate de debuxantes, un Mercado de fanzines e BD de autor, un PechaKucha de autoedición e charlas.
Fin á a folga do lixo en Lugo tras case dous meses de paro
Urbaser cede cun novo convenio colectivo con suba salarial, a renuncia ao despedimento dos once membros do comité de folga e a retirada das sancións impostas durante o conflito. Os traballadores ratificaron o acordo esta mañá en asemblea.
'Barriga verde', moi vivo e coa cachaporra preparada
O Proxecto Barriga Verde, iniciativa da asociación cultural Morreu o Demo, pretende recuperar a figura deste personaxe de títere de luva en Galicia.
A Xunta tira a toalla e renuncia ao dique flotante
O conselleiro de Economía cre que "a responsabilidade chama a que non se poña en marcha" malia as múltiples promesas que a Xunta e o PP fixeron sobre a infraestrutura nos últimos anos.
As térmicas de carbón incrementan nun 10% as emisións galegas de CO2
O Ministerio de Medio Ambiente e a Xunta veñen de facer públicos os datos oficiais de 2012 de emisión de gases causantes do cambio climatico, que crecen por culpa das centrais das Pontes e Meirama. Unha reportaxe do blog Un claro no bosque.
Máis de 70 entidades apoian a manifestación antitouradas de Pontevedra
A marcha, convocada pola plataforma Touradas fóra de Pontevedra, partirá da Praza da Peregrina este sábado ás 20 horas.
Outro golpe ao naval: Bruxelas rexeita o dique flotante
Competencia responde negativamente á consulta realizada polo Estado ao considerar que a construción da infraestrutura suporía unha axuda de Estado.
Bos Aires acollerá o XI Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos
O encontro celebrarase en abril de 2015 e investigadoras e investigadores de distintos países afondarán no cambio social e cultural a través das identidades na fronteira, emigración e exilio