A Xunta eloxia o imposto bancario que rexeitou cando o propuña a oposición
Feijóo asegura que o erario galego recibirá uns 17 millóns ao ano do tributo bancario do Goberno central, reclamado en Galicia en numerosas ocasións por PSdeG, AGE e BNG. Galicia non será compensada ao non ter imposto propio como Andalucía, Canarias e Extremadura.
As Letras 2015, "camiñada conxunta e partillada con toda a cidadanía"
A Mesa, AGAL, AELG, CTNL, CIG-Ensino, AS-PG, Galiza Cultura, Comités e Liga Estudantil asinan o manifesto, debatido o pasado xoves, que chama á sociedade civil a celebrar o Día das Letras Galegas do vindeiro ano, fronte aos actos dedicados a Filgueira Valverde, "que non pode unir ninguén".
Un agosto "de terror" en Monforte
A vila monfortina acollerá do 21 ao 24 de agosto a primeira edición de Fancine de Lemos, Festival de Cinema Fantástico e de Terror. Está organizado polo cineclube A Calexa e a produtora Amanita Films e conta con Narciso Ibáñez Serrador como padriño
Galicia mobilízase en defensa do pobo palestino
Este luns e martes están convocadas concentracións en todas as cidades galegas en denuncia da agresión militar israelí en Gaza, que provocou xa máis de 170 mortos.
Sánchez logra no PSdeG unha vitoria máis ampla que no PSOE
O novo secretario xeral dos socialistas foi o máis votado no conxunto da federación galega do partido aínda que, como na recolleita de avais, Ourense apoiou maioritariamente a Eduardo Madina.
As reformas en Cuba, unha visión desde dentro
Tempo Exterior, a revista de análise internacional do IGADI, dedícalle o seu número 28 de forma monográfica á actualidade política cubana, particularmente ao proceso de reformas iniciado a partir de 2008 polo presidente Raúl Castro.
O tren da liberdade das mulleres: "forza e valor para loitar e decidir"
O Colectivo de Mulleres Cineastas espalla o documental elaborado na mobilización na que o pasado 1 de febreiro persoas de todo o Estado rexeitaron a contrarreforma da lei do aborto que impulsa o Goberno central. Filme íntegro no interior.
Lugo intervén a recollida do lixo e o persoal ve a porta aberta a prescindir de Urbaser
A ruptura das negociacións deriva na intervención directa do Goberno de Orozco, que segundo o persoal debera ser un "convite" para que a empresa do grupo ACS "marche de Lugo". Audio e vídeo no interior.
Un gran paso contra a impunidade das grandes empresas
Praza Pública"Hoxe somos nós, pero mañá pode tocarche a ti"
Colectivos sociais da Coruña convocan unha manifestación este sábado co lema "Reprímennos a nos para asustarte a ti" para denunciar a "criminalización da protesta". Subliñan o acoso policial contra o 15M de Montealto ou que Stop Desafiuzamentos ten nove persoas encausadas e máis de 7000 euros en multas
O Concello da Coruña, á desesperada, adía a feira taurina até outubro
Despois de que quedase deserto o concurso para organizar o espectáculo en agosto, o Goberno municipal vén de anunciar que as touradas poderían celebrarse en outubro, na festividade do Rosario, se hai algunha interesada en facelo, a través dun novo concurso.
A Xunta repartiu un millón 'a dedo' entre os medios de xaneiro a abril
O Goberno galego achegou 388.000 euros de normalización lingüística a medios en castelán a través de convenios bilaterais. A maior parte das axudas do Executivo á prensa prodúcense sen concorrencia competitiva, segundo o Consello de Contas.