A bandeira palestina que molestou un concelleiro do PP
Un edil popular de Pontedeume sobe ao torreón dos Andrade para retirar el mesmo unha bandeira de Palestina que fora colocada horas antes logo dunha manifestación de apoio a Gaza.
A Xunta recoñece que 18.000 fogares con nenos sofren pobreza severa en Galicia
O 7,5% das familias con menores de 18 anos no país atópanse en situación de carencia material grave, segundo un informe presentado polo Goberno, unha situación que afecta sobre todo ao sur da comunidade e ás cidades e as súas áreas metropolitanas.
As primeiras '.gal'
Este martes anunciaranse as solicitudes seleccionadas para participar no Programa de Pioneiros da Asociación PuntoGal, que poderán publicar as súas webs baixo un enderezo .gal dende o 25 de xullo. Será nun acto ás 12 do mediodía no Museo do Pobo Galego
Condenan a GN-Fenosa por extralimitarse na corta de maleza en Paderne e Coirós
A Audiencia Provincial de A Coruña vén de darlles a razón a un grupo de veciños, que denunciaran que en 2010 operarios contratados pola empresa levaran a cabo nos seus terreos unha “corta unilateral de forma extralimitada e invadindo propiedade privada".
Máis de dúas mil persoas maniféstanse en Vigo en solidariedade con Palestina
A mobilización, de carácter unitario, pechouse coa lectura dun manifesto e a intervención de varios cidadáns palestinos. Este martes está convocada unha nova manifestación, en Compostela
FAZ e Cilenis lanzan un mellorado teclado galego para Android
A ferramenta, que pode descargarse de balde, incorpora un dicionario composto de medio millón de entradas, preparado para unha ampla variedade de erros comúns con dez mil correccións preditivas e erros frecuentes.
Revenidas convoca o seu segundo concurso de grupos emerxentes
O grupo gañador formará parte da programación do festival, que se celebrará en Vilaxoán do 22 ao 24 agosto, ademais de recibir 300 euros.
Roberto Pascual reivindica "a dignidade do oficio do teatro" na inauguración da Mostra de Ribadavia
A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia botou a andar a súa edición número 30. "Temos a marca, o legado dun pouso histórico, o distintivo do lugar mítico que concita a memoria colectiva da capitalidade teatral, pero cómpren novos xestos, novas forzas", destaca o seu director
A xustiza dálles a razón aos traballadores da FNAC
A Audiencia Nacional declara inxustificada a modificación substancial das condicións de traballo realizada por FNAC España. O persoal da Coruña "celebra" as resolucións, aínda que lamenta "que estas vitorias non sirvan para devolverlle o seu traballo á compañeira despedida"
Mohammad Qureiqai, neno pintor de Gaza
O blog Diario de Palestina cóntanos a historia de Mohammad Qureiqai, un neno de 13 anos que vive en Gaza e que pasa o tempo a pintar. "Como moitas outras crianzas palestinas, hoxe é noticia, mais non pola súa morte, senón pola súa vida"
Que tesouros agacha este ano o Sinsal San Simón?
Entre o venres 25 e o domingo 27 o festival celebrará a súa cuarta edición, de novo mantendo en segredo a maior parte das bandas e artestas participantes, e de novo con éxito: practicamente esgotou as 1.400 entradas postas á venda
Denuncian os "intereses espurios" tras o cambio de usos do Castelo de Monterrei
A Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei critica a decisión do Goberno central, que legaliza a transformación do monumento nun hotel, e manifesta o seu "estupor" ante a incapacidade e atrevemento dos nosos gobernantes