O TS rebaixa a pena de Carlos Calvo de 12 a 7 anos
O Tribunal Supremo estima parcialmente o recurso presentado polo seu avogado e retira o delito de integración en organización terrorista, mais mantén a acusación de tenza de explosivos e colaboración con banda armada.
Comezan a chegar os primeiros temas para o Certame de Canción de Autor en Galego
O concurso, organizado polo Concello de Teo, ten aberto o prazo de inscrición ata o 29 de marzo. O gañador ou gañadora poderá gravar un EP e terá asegurados varios concertos e a promoción do seu álbum.
A CRMH entregará en Galicia unha carta ao rei para que borre o franquismo das rúas
A Comisión da Coruña aproveitará a visita de Felipe VI á cidade para entregarlle unha misiva na que lle reclaman "perdón" polo silencio da monarquía respecto á ditadura e na que lle piden acabar co enxalzamento dos golpistas e que facilite a investigación dos crimes do fascismo.
Fenosa renuncia a almacenar enerxía no Cabo Vilán tras a presión política e social
A eléctrica argumenta agora que o proxecto "non require da localización específica" nesa zona protexida, tal e como lle advirate a SGHN desde hai ano e medio e logo de que o BNG anunciase con denunciar o caso ante a Comisión Europea.
Os medios en castelán reciben nove veces máis cartos da Xunta cós xornais en galego
A Xunta destinou 1,67 millóns aos xornais dos grandes grupos de comunicación, mentres repartiu menos de 182.000 entre os diarios integramente en galego por utilizar esta lingua, segundo afirma Amega, que denuncia "a desidia" do Goberno coa defensa do uso da lingua propia.
A sinistralidade laboral sobe en Galicia, onde morreron 59 persoas traballando en 2014
O número de accidentes laborais no país incrementouse case un 4% con respecto a 2013, ao incrementarse os sinistros na pesca, a construción e os servizos.
A liña oficial imponse e Breogán Riobóo liderará Podemos en Galicia
O candidato naronés e a lista que lidera, apoiada pola cúpula do partido, vence con claridade no proceso para elixir os órganos de dirección da formación no país.
Dimite o director de Meteogalicia mentres a Xunta lle recorta persoal
O responsable do servizo meteorolóxico galego presentou xa a dimisión, segundo a CIG, que ve na decisión a resposta ao "desmantelamento encuberto" da entidade, que o Goberno central propuxera suprimir.
Os doentes cumpren a advertencia e revelan os nomes da comisión da hepatite C
A plataforma galega de afectados por esta enfermidade pídelles que aclaren "publicamente" se avalan os criterios do seu grupo e do Ministerio de Sanidade e revela novos casos graves de persoas afectadas por esta doenza.
BNG, Anova, EU e 60 organizacións únense contra a "política represiva" de Caballero en Coia
Preto de 70 colectivos, sindicatos e formacións políticas asinan un manifesto en apoio da "loita social" do barrio vigués contra o barco na rotonda e denuncian a "represión" exercida polo Concello de Vigo e as "detencións arbitrarias e inxustificadas".
A fusión entre Oza e Cesuras pode ser inconstitucional
O Constitucional decidirá sobre a primeira unión de concellos impulsada por Feijóo tras por enriba da mesa o TSXG unha cuestión de inconstitucionalidade. A Xunta aplicou a lei estatal, que lle permitiu aprobar a unión con maioría absoluta, por riba da lei galega que exixía dous terzos.
O TSXG tamén declara nulo o despedimento do profesorado Celga
O alto tribunal rexeita nunha primeira sentenza o recurso presentado pola Xunta logo de que CIG-Ensino gañase xa 28 demandas en varios xulgados do social. O ditame "reafirma" a nulidade dos despidos dos docentes, segundo destaca a central nacionalista.