'Somos Nós' preséntase "para unir a galegos e galegas"
A Facultade de Xornalismo da USC acolleu a presentación do colectivo, nun acto ao que asistiron máis dun cento de persoas e no que interviron, entre outros, Anxo Quintana, Antón Losada ou Ana Luísa Bouza.
Os grupos anti desafiuzamentos cualifican de "papel mollado" o bono-aluguer da Xunta
Os grupos galegos de PAH e Stop Desafiuzamentos reuníronse este sábado para debater accións conxuntas, analizar as medidas postas en marcha polo Goberno galego e a "represión" que están a padecer os movementos sociais.
Un estudo da Uvigo e a USC subliña a falta de mulleres nas spin-off universitarias
O 78% das empresas nacidas dende as universidades están formadas exclusivamente por homes, segundo a investigación levada a cabo pols profesoras María Jesús Rodríguez Gulías, Sara Fernández e David Rodeiro.
A Xunta gastou no lume do Pindo 14 veces máis do que investira no espazo dende 2009
A Asociación Monte Pindo Parque Natural conseguíu, grazas ao insistente traballo do Valedor do Pobo, que o Goberno galego lle remitise a información sobre os gastos motivados pola extinción do incendio e os traballos de recuperación: ao redor dun millón de euros.
Remata o obradoiro de televisión para a educación en valores con alumnado do IES Laxeiro de Lalín
Esta actividade de educación e comunicación para o desenvolvemento encádrase no movemento europeo Escolas sen Racismo, que engloba a máis de 500 centros educativos.
O barco xa está na rotonda de Coia tras unha enorme escolta policial nocturna
O Concello traslada o Alfageme ao barrio vigués de madrugada e cun gran despregamento policial entre as protestas dos veciños. Seis cidadáns foron lesionados nas cargas policiais e a asemblea decide este xoves que accións tomar a partir de agora.
Búscanse modelos de boas prácticas culturais no eido local
A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural celebrará nas próximas semanas xuntanzas en Lugo, A Coruña, Vigo e Ourense para coñecer os proxectos, persoas e entidades de referencia no traballo cultural de cada localidade
O BNG renuncia ao envío masivo de papeletas e pide ao resto de partidos que o imiten
O Bloque rexeita o 'mailing' "por hixiene democrática e por aforro" e empraza o resto de forzas a que tamén o fagan para "aforrar 2 millóns de euros" de cartos públicos. A formación nacionalista anuncia unha campaña para as municipais "distinta á das forzas políticas do sistema".
Tertúlia revisitada (III)
Terceira entrega da revisión de Tertúlia, de Xoán Castro, editada por Xavier Alcalá a partir dos documentos orixinais do autor
Nace o 'Galician Film Forum' de Londres
Estréase coa proxección de Encallados, coa presenza do seu director, Alfonso Zarauza. Quere ser un espazo para a difusión do cine galego na capital británica.
CarNadal, CarNadal...
O blog Se o vello Sinbad tivese fillos, o máis visitado durante 2014 no Obradoiro de Praza, fai tres anos polo Entroido
O BNG leva ao Congreso a saturación dos trens no Eixo Atlántico
O Bloque reclama máis frecuencias e prazas nos trens de Renfe para impedir que as persoas usuarias viaxen de pé ou sentadas nas maletas. Vence subliña a necesidade dunha compañía ferroviaria galega.