A produción industrial en Galicia segue caendo e baixa máis do dobre da media estatal
O descenso interanual do -4,9% supera en máis de dous puntos á caída expermientada no conxunto do Estado e só é superada por Andalucía e Navarra.
Galicia sofre ao día tres execucións hipotecarias de vivendas familiares
Máis de 1.000 inmobles foron embargados polo impago da hipoteca durante o pasado 2014 no país, segundo datos do INE. Tan só no último trimestre, leváronse a cabo 301 destas execucións, que non sempre acaban no desafiuzamento dos propietarios pero si son o paso previo.
"Non é un Código Penal de todos. Non hai dereito"
Expertos xuristas amosan de maneira conxunta en varias universidades do Estado -tamén en Galicia- o seu "rexeitamento" ás reformas penais do PP por "endurecer a resposta penal sen xustificación" ou "criminalizar a protesta cidadá" e cargan tamén contra o pacto antiterrorista PP-PSOE.
Ofensiva política (e xudicial) pola pensión que Noruega nega aos mariñeiros galegos
O Parlamento galego insta o Estado a que demande a Noruega pola marxinación dos 10.000 galegos que non reciben pensión tras décadas en empresas norueguesas e a Comisión Europea advirte a AGE dunha demanda semellante de operarios austriacos contra buques holandeses.
O Valedor sinala a ilegalidade da liña de alta tensión que ameaza Catasós
Insta a Xunta, Concello e Unión Fenosa a revisar o proxecto para así preservar os valores paisaxísticos e ambientais da Fraga de Casas Vellas, recomendando soterrar a liña ao longo da estrada (N-525) de entrada a Lalín.
18 de abril: Cita contra o TTIP
O vindeiro mes está convocada unha xornada global de mobilización contra o tratado, que incluirá actos nas principais cidades galegas, organizados, entre outros, pola CIG
O paro rexistrado baixa un chisco en Galicia tras cinco meses subindo
O número de desempregados descende en 1.453 en febreiro con respecto ao mes anterior. A diferenza entre o descenso do paro e a suba de afiliación é de 7.500 persoas no último ano, polo que hai máis persoas cuxos empregos desapareceron que persoas que se apuntaron nas oficinas de emprego.
A realidade laboral de moitas mulleres galegas: entre a emigración, o paro e o infraemprego
A CIG presentou o informe Muller e mercado laboral en Galiza 2014, que subliña que o 35% das asalariadas galegas teñen ingresos por debaixo do salario mínimo. Ademais, alerta da masiva emigración das menores de 35 anos na procura de traballo.
Alumnado da USC, sen clase pola non substitución de dous docentes de baixa
A situación afecta, dende xaneiro, aos graos de Pedagoxía e Educación Social. Os e as alumnas prexudicados presentaron queixa ante a reitoría, a Consellaría de Educación e o Valedor do Pobo
Enésimo clamor polo tratamento da Hepatite C: "A vida non ten prezo"
Centos de persoas esixen nas rúas de Compostela que o único "requisito" para acceder aos fármacos sexa a prescrición médica e non os cartos. Galería no interior
As 'lúas' de Guadi Galego comezan a xirar por Galicia
Guadi Galego comeza a xira de presentación do seu último disco con concertos en Oleiros, Vilagarcía, Ourense, Redondela e Cedeira
Cara á coalición municipal antitouradas
'Galicia, mellor sen touradas', xunta xa máis de 200.000 sinaturas contra o apoio público a estes espectáculos e disponse a recabar o compromiso explícito das persoas que optarán á alcaldía da Coruña.