A presión social acurrala a Cosmos, que ameaza con marchar se lle vetan a mina
A cementeira enfróntase xa a dous recursos de resposición da licenza municipal, unha denuncia ante a Policía Autonómica e as numerosas críticas ás supostas irregularidades que comete nunha explotación que dana un río, o Camiño de Santiago e o xacemento da Cova de Eirós.
A humanidade esgotou o orzamento ecolóxico anual en menos de 8 meses
No ano 2000 foi a principios de outubro. No ano pasado, o 20 de agosto. En 2014 chegamos ao Overshoot Day, o Día da Sobrecarga da Terra, o 19 de agosto. Galicia está entre o grupo de países que máis adebedan en termos ecolóxicos.
"Os autores tampouco gañan co canon ás bibliotecas"
Anabad únese ás críticas dos bibliotecarios municipais ao préstamo de pago imposto por un real decreto que "fai recaer o peso da remuneración aos escritores sobre os que máis invisten en cultura e os que menos recursos teñen para facer un sobreesforzo".
Sen traballo no Sergas por estar embarazada
A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, CCOO, CIG-Saúde e UGT convocan a unha concentración o mércores no Hospital Xeral de Vigo para denunciar a "discriminación laboral" sufrida por unha muller á que se lle negou un posto por estar embarazada.
Irmandades do Falo, Biribirlocke e Tabú, a un paso de actuar no Revenidas
Son os tres finalistas do concurso de grupos emerxentes do festival, os máis votados polo público. O gañador, elixido por un xurado, darase a coñecer este domingo e actuará en Vilaxoán.
Tres xornalistas galegas visitan Marrocos para coñecer o traballo das ONGDS locais
Trátase de tres estudantes do IV Seminario Xornalismo social e cooperación internacional impartido na USC. A iniciativa está promovida pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e a ONG Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP)
A IGM pide que se investigue a autoría da pintada fascista na Cruz de Maceira
A Iniciativa Galega pola Memoria denunciou "a gravidade do acto, en claro desprezo á dignidade das persoas vítimas do franquismo, na defensa das liberdades e da xustiza social, como da orde constitucional naqueles intres"
A última "moda absurda" que dana As Catedrais
Á aglomeración de xente e tráfico únese agora o costume dalgúns turistas de facer graffitis, raiar as pedras, escribir o seu nome nas rochas ou deixar croios sobre as covas. O Concello de Ribadeo reitera a necesidade de declarar parque natural a zona para conservala.
O Concello de Santiago dá marcha atrás e suspende as obras de Galeras
Devolve o proxecto á concesionaria por irregularidades, logo de meses de protesta veciñal contra a idea que prevía reducir un parque público para construír un novo acceso a un aparcadoiro privado.
Triacastela reclama un museo para a Cova de Eirós tras autorizar a mina sobre ela
A alcaldesa pídeo dúas semanas despois de permitir que se reinicien os traballos na canteira que hai sobre o xacemento. Contraminacción e AGE exixen a "paralización inmediata" da actividade e enumeran varios requisitos da licenza municipal que incumpre a empresa.
Reclaman a intervención das administracións para salvar os frescos da igrexa de Guitiriz
O templo parroquial de Labrada contén un conxunto de pinturas murais, posiblemente do século XVI, descubertas nos anos noventa e que corren perigo polo efecto da humidade.
Un xulgado falla contra o traslado a Madrid de seis postos de traballo en Adolfo Domínguez
A empresa pretendía trasladar á capital do Estado a sección de comercio electrónico, que opera dende San Cibrao e que rexistra importantes beneficios económicos. A sentenza do Xulgado do Social cre que a medida non está xustificada e impedirá a súa realización.