'Mantenlos fuera de juego', proxecto gañador do concurso de SOS Racismo Galicia
Este sábado 21 de marzo celébrase o Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial. Sos Racismo promove a campaña Galegas como ti e un concurso para lanzan unha campaña publicitaria de promoción da diversidade e a igualdade de dereitos
O Breogán leva #oderbidomiño máis fraternal
O equipo lucense vence de forma moi axustada (75-73) nun enfrontamento de rivalidade clave marcado polo ambiente de harmonía fomentado durante toda a semana por ambos os dous clubs, que empregaron as súas contas nas redes sociais para dar unha lección de confraternización
EU intégrase na Alternativa Cidadá de Esquerdas para as municipais en Lugo
A asemblea local da formación decide participar en ACE para "impulsala" e "conformar unha fronte ampla capaz de darlle volta ao Concello". A decisión amplía o abano de candidaturas cidadás tras o apoio de Podemos a LugoNovo.
Feijóo aposta polo "cambio" e por "non seguir co mesmo"... en Andalucía
O presidente da Xunta volve facer campaña polo candidato popular e insiste en que a comunidade andaluza "precisa un cambio" tras máis de 34 anos de gobernos socialistas tras destacar as capacidades da agroindustria daquela autonomía e presumir dos datos económicos en Galicia.
"Non imos consentir que fagan negocio coa nosa saúde"
Milleiros participaron nas 11 mobilizacións celebradas este xoves en defensa da sanidade pública e en denuncia dos recortes e as privatizacións. A marcha máis numerosa tivo lugar en Vigo, pero tamén A Coruña, Pontevedra, Cangas e Moaña reuniron varios centos de persoas
Crespo insiste en situar o presunto conseguidor da Zeta no círculo "íntimo" de Feijóo
O presunto líder da trama de cursos falsos asegura que Pachi Lucas "non só é amigo" do presidente da Xunta, senón "moi, moi amigo e gran protexido de Rajoy". O empresario acusa o xefe do Executivo galego de "fartarse de mentir" ao atribuírse o mérito de enviar o caso ao fiscal.
Borrazás contra as "ás de chumbo" que impiden voar o teatro
Xurxo Borrazás redactou e será o encargado de ler o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro o vindeiro 26 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, durante a gala dos María Casares.
A Xunta reacciona e recuperará os xacementos arqueolóxicos danados na Mariña
A Dirección Xeral de Patrimonio anuncia ás entidades que reclamaron a protección dos espazos a intervención arqueolóxica no forno romano de Esteiro, nas Catedrais, e a protección "eficiente" da factoría romana de Estabañón, en Viveiro, desfeita pola forza do mar.
Os traballadores en folga de fame denuncian que Povisa deu orde de impedirlles durmir
A acción de María Xesús Neira, presidenta do comité de empresa, e os seus dous compañeiros, supera xa a semana, na que perderon entre 7 e 9 quilos. Un celador incorporouse este luns á folga de fame en protesta polos 13 despedimentos decididos polo hospital
Facer fronte á vespa asiática "dende o coñecemento e a calma"
A Asociación Galega de Apicultura lanza a campaña Stop Vespa Velutina, con charlas informativas e colocación de trampas para previr a proliferación desta especie invasora, especialmente perigosa para as abellas e para algúns profesionais.
"Non pasarán": Un muro en defensa da sanidade pública
SOS Sanidade Pública realizou unha acción na Coruña, un 'muro defensivo simbólico' contra o avance dos recortes e as privatizacións, para presentar as mobilizacións que se realizarán en todas as cidades galegas o vindeiro xoves 19
Os emigrantes retornados volven á rúa "por unha regulación legal clara e precisa"
A Coordinadora Galega maniféstase o vindeiro sábado en Compostela para rexeitar as "deficiencias" da reforma tributaria do Goberno central, que consideran que segue a "discriminar" os emigrantes e que impón a "retroactividade" aos milleiros de afectados.