Produtores galegos únense nunha operadora láctea conxunta con 4.000 explotacións
Ulega e Aprolac crean unha das maiores organizacións da UE, cunha oferta de 800.000 toneladas e a unión do 40% do total das granxas galegas. A inminente fin das cotas lácteas impulsa unha colaboración que supón un paso fundamental pero que non debe ser o único, segundo o sector.
#dependedenós: Vinte e unha preguntas para as municipais
A iniciativa #dependedenós, baseada en preguntas ligadas a novas da prensa, procura "incitar á reflexión" sobre políticas concretas antes das eleccións do 24 de maio
O "letal" decreto 3+2 volve sacar a rúa o estudantado e docentes universitarios
Varias manifestacións unitarias percorren as principais localidades galegas en protesta contra a medida do Goberno do PP, que suporía, segundo os convocantes, a limitación de acceso aos estudos superiores para as clases populares e a súa privatización. Galería de imaxes no interior.
A Xustiza declara ilegal o cesamento do director do IES Illa de Arousa
En 2013 o mestre atrasara un día o inicio de curso por falta de profesorado. A sentenza obriga a Consellaría a pagarlle case nove mil euros máis as costas do xuízo. 5.000 sinaturas denunciaran que a sanción buscaba amedrentar as voces reivindicativas
Proxectos de toda Galicia exporanse en Lugo no 'Arduino Day'
O evento, que se celebrará este sábado, está organizado pola asociación makers.lugo. Arduino é unha plataforma de hardware libre, baseada nuha placa cun microcontrolador e un entorno de desenvolvemento, deseñada para facilitar a creación de proxectos interactivos de forma barata e aberta.
Mil lámpadas nuns María Casares que viaxarán á multiculturalidade
María Torres e Gonçalo Guerreiro codirixen a gala deste ano que se celebrará este xoves 26 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña ás 21 horas.
A Universidade vai á folga e sae á rúa contra o 3+2
Os sindicatos e as organizacións estudantís únense nunha convocatoria unánime este martes contra o decreto que, segundo advirten, será "letal" para as clases populares e para o sistema universitario e afondará na privatización do ensino. Cosulte os horarios e lugares das manifestacións.
Poio acollerá en abril unha Mapping Party
O evento, no que se busca incrementar os datos xeográficos con licenza libre da contorna marítima desta localidade, está organizado pola Asociación de software libre Xeopesca
Chuza! lanza o proxecto dunha web colaborativa de preguntas e respostas
A Asociación Cultural Chuza! anuncia ademais que, por mor dos atrancos impostos pola chamada Taxa Google, deixa de prestar servizo ao agregador de noticias, que pasa a ser xerido por unha persoa non residente no Estado español.
"Facíase necesario un espazo plural, independente, que lle dese a voz ao colectivo LGTBI"
Esta semana presentouse a asociación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais de Compostela Ultreia, definida como asociación sen ánimo de lucro, laica, apartidista, feminista e de carácter horizontal.
As persoas coa síndrome de Down reclaman máis oportunidades e que non se limiten os seus dereitos
As entidades Down en Galicia celebraron este sábado un acto institucional en Ourense, baixo o lema A vida non vai de cromosomas
Oito partidos asinan unha declaración de apoio ao uso público e cultural do Castelo de Monterrei
PSdeG-PSOE, BNG, Podemos, EU, ANOVA, CxG, Ciudadanos e Veciños de Monterrei responderon ao chamamento da plataforma cidadá, rexeitando o uso hoteleiro que a Xunta pretende darlle á fortaleza.