Unha de cada catro mulleres sufriu violencia de xénero nalgún momento da súa vida
O Ministerio de Sanidade publica a Macroenquisa de violencia contra a muller, que revela que o 15,5% das mulleres españolas sufriu violencia física, sexual ou medo das súas parellas nalgún momento da súa vida. Unha de cada catro (o 25,4%) sufriu violencia psicolóxica de xénero.
Un tren máis rápido entre A Coruña e Vigo entre as queixas dos usuarios galegos a Renfe
A ministra Ana Pastor viaxará este luns en probas nun dos trens que unirá as dúas cidades máis poboadas de Galicia nunha hora e pouco. A plataforma de usuarios do Eixo Atlántico acusa a Renfe de "darlles as costas aos cidadáns" por non aumentar horarios e polas escasas frecuencias.
A 'absolución' da Cruz franquista do Castro será levada ao Constitucional
Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 recorrerá finalmente ante o TC a anulación por parte do TSXG do ditame que obrigaba ao Concello a retirar o monumento da ditadura e levará a cabo unha colecta entre a cidadanía para reunir os 3.000 euros necesarios.
O vello bipartidismo non resiste
A UE di que o Estado non pediu axudas para a transición post-veto do naval en Ferrol
A comisaria responsable de Competencia, Margrethe Vestager, asegura ao Bloque que "non recibiu ningún proxecto de concesión de axuda estatal para apoiar a transición de actividade de construción naval no ámbito civil" en Navantia.
Os equipos de normalización renegan do "suposto consenso" co galego ao non contar co ámbito educativo
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística denuncia que o Executivo "apañe a palabra de moda para lle mudar o significado" e critícalle ter "marcado" un "camiño" que "sabe que é o correcto para ir eliminando o galego como lingua habitual das novas xeracións".
A ONU advírtelle a España de que ten a "obriga" de extraditar os cargos franquistas
Expertos das Nacións Unidas lémbranlle ao Goberno central que debe extraditar os mandos da ditadura reclamados pola xustiza arxentina mentres non se garanta o acceso á xustiza española das vítimas do réxime fascista.
A economía galega foi a que menos medrou do Estado en 2014
O país queda á cola do crecemento, cun incremento do PIB do 0,5%, case un punto inferior á media estatal e o peor dato de entre todos os territorios. As cifras confirman o estancamento económico que o INE atribúe ao "descenso do valor engadido asociado á industria e enerxía e á construción".
IlMaquinario e Chévere triunfan nos María Casares
A Asociación de Actores e Atrices reivindica o "amor ao teatro" e "unhas boas condicións de traballo" na entrega anual dos seus preios
Louzán négase a declarar e seguirá imputado por presunto suborno
Investigan o presidente da Deputación de Pontevedra e o deputado provincial Severino Reguera polo aluguer, moi por riba do prezo do mercado, de tres baixos comerciais en Vigo propiedade de Louzán, que podería ter recibido 50 mil euros de máis.
Anova confluirá en case 50 mareas cidadás de cara ás eleccións locais
A formación nacionalista presentarase en solitario nunhas dez localidades e o seu covoceiro, Xosé Manuel Beiras, insiste en que a participación nos espazos de confluencia é un principio "constitucional" da organización.
Susan George abre as xornadas 'Recuperar soberanía, desarmar o TTIP'
A escritora e activista ofrecerá unha conferencia este xoves no Auditorio do Centro Municipal de Teis, en Vigo. Dá comezo a un mes de actividades informativas e de protesta en contra do tratado de libre comercio entre a UE e os Estados Unidos.