Lois Pereiro: "A persoa do mundo das letras que máis pode honrar a Monforte"
A Casa da Cultura da localidade acollerá este sábado un completo programa de actos con motivo do Ano Lois Pereiro. O poeta daralle nome, ademais, á propia Casa da Cultura e á Biblioteca Municipal e será protagonista de actividades nos centros de ensino
Ourense en Común esgarece tras a marcha agora de Anova
As polémicas primarias acaban por debilitar o proxecto de confluencia. Á marcha de Podemos, Compromiso por Galicia e outras iniciativas políticas e sociais únese agora a da formación nacionalista, que cre que a plataforma "abandonou os valores e principios fundacionais".
As 25 medidas "innegociables" da Marea para os 100 primeiros días de goberno na Coruña
A plataforma cidadá presenta as 25 medidas "de urxencia" que aplicará no caso de chegar ao executivo local, desde o que rexeitará colaborar cos desafiuzamentos e cancelará as contas que teña cos bancos que os leven a cabo.
Un anaco da memoria audiovisual da Guarda, pendente da axuda das administracións
O Proxecto Socheo recuperou unha serie de filmes gravados na vila nos anos trinta. O seu formato (9,5 mm) encarece a súa dixitalización, da que non se pode ocupar o CGAI. Reclaman a intervención do Concello e da Deputación para salvar estes documentos.
A inacción da Xunta pon en perigo o xacemento das Catedrais
A Dirección Xeral de Patrimonio non autoriza o proxecto de escavación proposto por oito entidades da sociedade civil, entre elas ADEGA ou Mariña Patrimonio, para protexer o forno romano de Esteiro, en proceso de degradación por mor da acción do mar
A Xunta recúa e manterá as enfermidades detectables no cribado neonatal
A pesar de que o subdirector xeral de Saúde Pública, Jorge Suances, adiantara que o programa pasaría a detectar unicamente "12 ou 14" doenzas, finalmente o SERGAS manterá probas para 29 enfermidades. Profesionais, sindicatos e pacientes realizaron unha forte presión para evitar o recorte.
Yolanda Álvarez, Charlie Hebdo e Jordi Évole, entre os candidatos ao Premio José Couso
Tamén son finalistas Jesús Blasco de Avellaneda e a Plataforma na Defensa da Liberdade de Información. As votacións están abertas ata o 27 de abril. O gañador ou gañadora anunciarase o 7 de maio e recibirá o seu galardón nunha gala que se celebrará o 19 de maio en Ferrol
A liña do Eixo Atlántico funcionará ano e medio sen o ERTMS
Adif licita por 69 millóns o contrato para implantar o sistema de seguridade que faltaba en Angrois e que non se poñerá en marcha ata 2017.
Domitila, María Elvira, Encarnación: Acusadas preferentes
GZVideos iniciou hai uns días a publicación de testemuños dalgunhas das afectadas polas preferentes que nas vindeiras semanas irán a xuízo por accións de protesta realizadas nos últimos meses. Domitila Vicente Franco, de 82 anos, será xulgada este martes en Pontevedra
Galicia, desde Bos Aires
Este luns comeza na capital arxentina o XI congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos, no que ducias de investigadores e investigadoras analizarán como a globalización muda as identidades nas fronteiras, na emigración e no exilio.
O paro segue a baixar máis do que aumenta o emprego en Galicia
O número de desempregados rexistrados cae en 5.412 persoas en marzo, unha cifra de novo superior ao aumento de afiliacións á Seguridade Social no país, que conta con 24.000 parados menos que hai un ano, pero tan só 17.000 cotizantes máis, unha tendencia inversa á do conxunto do Estado.
Dez novas para recuperares se desconectaches na Semana Santa
É moi posible que nos últimos días, especialmente a partir do mércores, desconectases un chisco da actualidade. Malia ao vermello no calendario o mundo seguiu a xirar e seguiron acontecendo cousas. Para facerche máis doada a escolma no retorno ao cotián recuperamos dez das principais pezas informativas publicadas en Praza Pública durante este período festivo.