A Uvigo terá dobres titulacións con universidades portuguesas
Asinou un convenio coa Universidade de Trás-os-montes e Alto Douro e co Instituto Politécnico de Porto para afianzar as vías de colaboración entre os centros galegos e os no norte de Portugal. Únese a outras iniciativas, coma o programa Iacobus, no que tamén participan a USC e a UDC.
Nove proxectos TIC galegos na procura de financiamento
O foro Capital Network do Clúster TIC reuníu o pasado venres en Compostela os responsables de Avalingua, Cardi@ngel, Centum R&T, Opentrad, ParkApp, SetPay, Sigue tu liga, Situm e Todoencaja, con entidades de capital risco
Fernández Paz, Sierra i Fabra e Calveiro, os máis lidos nos clubs de lectura de secundaria
A estes tres autores séguenos Miguelanxo Prado, Roald Dahl e Domingo Villar. Os libros máis lidos foron O curioso incidente do can a medianoite (Mark Haddon) e O neno do pixama a raias (John Boyne). Os datos forons difundidos polo blog Ler en Mancomún
Compromiso acorda non participar nas deputacións provinciais
Xoán Bascuas foi reelixido secretario xeral de Compromiso por Galicia no I Congreso Nacional da formación, celebrado este domingo, no que tamén se escolleron as 30 persoas que compoñen o seu Consello Político.
O 45% dos asalariados galegos gaña menos de 1.400 euros brutos
Os datos do INE amosan que case a metade dos traballadores e traballadoras ingresan menos de mil euros netos cada mes. Os soldos medios caeron un 1,7% o pasado ano, e un 3,25% dende 2011.
As futuras vocacións científicas pasan por Galiciencia
64 proxectos escolares participarán nesta feira, que se celebrará entre o 19 e o 21 de novembro en Tecnópole, en Ourense, por onde pasarán máis de dúas mil persoas.
Hai alguén aí?
O albergue Os Biocos de San Xoán de Río conmemorará este domingo o 40 aniversario do envío da primeira comunicación de radio enviada ao espacio, a mensaxe de Arecibo. Haberá obradoiros, un xantar e enviaranse tres mensaxes por radiotelescopio.
A Conferencia de Apoio ao Pobo Saharuí demándalle ao Goberno o recoñecemento da RASD
Aminetu Haidar sinala a súa esperanza de que “tras o recoñecemento do Goberno español do Estado palestino, o segundo paso sexa eo recoñecemento da República Árabe Saharaui Democrática”. Na conferencia participaron representantes de PSdeG, AGE e BNG.
Pandeiromus pecha unha xornada de grande afluencia á feira de Arzúa
Ademais do gran número de expositores e obradoiros, destacou un debate no que os voceiros parlamentarios de medioambiente, Santiago Freire (PP), Ana Pontón (BNG), Patricia Vilán (PSdeG) e Antón Sánchez (AGE), amosaron as propostas políticas na materia
A sección galega na Modern Language Association xa é unha realidade
O primeiro congreso en que isto será plenamente oficial celebrarase en xaneiro de 2016 en Austin (Texas), pero o Galician Language, Literature and Culture Forum figura xa no novo organigrama da MLA
Xoán Bascuas, único candidato á Secretaría Xeral de Compromiso
CxG celebrará este domingo no Hotel Scala de Padrón o seu I Congreso Nacional baixo o lema Galicia en positivo. 52 candidatos e candidatas optan a conformar o Consello Político Nacional da formación
Triacastela anula a licenza municipal a Cementos Cosmos
O Concello comunicoulles a colectivos de ContraMINAcción que interpuxeran recursos contra a licenza outorgada á empresa o pasado 1 de agosto que a tal licenza fora anulada.