A CNMV multa con 2 millóns a Abanca pola fraude das preferentes das caixas
Considera que as dúas entidades venderon produtos complexos a clientes sen avaliar se estes contaban cos coñecementos suficientes e advirte de que o fixeron tamén "a prezos significativamente afastados do seu valor razoable".
Entre a renovación e a continuidade nas listas urbanas do PP
Agustín Hernández presenta a súa lista, da que caen os sete edís que quedaron absoltos tras ser inhabilitados por prevaricación. Negreira, na Coruña, inclúe a ex apoderada da construtora máis beneficiada por investimentos municipais o ano pasado, e Rey Varela deixa fóra catro concelleiros.
Estamos a sufrir en silencio excesivo e sen saber até cando
Praza Pública
Galicia únese á acción global contra o TTIP
Varias mobilizacións en vilas e cidades do país secundan a xornada mundial de protesta contra o Acordo de Libre Comercio e Investimentos entre a UE e os EUA.
"Se Grecia sae do euro, os gañadores desta crise serían os neonazis"
ENTREVISTA Stelios Kouloglu, xornalista e eurodeputado de Syriza, cre que a teimosía dos acredores podería provocar unha traxedia económica e levar a extrema dereita ao poder. "Alemaña e a troika están dando un golpe de estado moderno en Grecia".
#InLugo15: Internet vista dende a Muralla
O 21 de abril ábrense as inscricións para a terceira edición do congreso de cultura dixital e redes sociais de Lugo. Os directores de Eldiario.es e Praza.gal, entre os relatores.
Fomento e Concello exasperan o barrio compostelán de Conxo
A construción do túnel que rematará o periférico da cidade está practicamente paralizada catro meses despois do corte de tráfico ditaminado polo inminente inicio das obras. O BNG local insta o Concello a esixir a posta en marcha dos traballos ou a reabrir o tránsito.
Os afectados polas preferentes en Galicia manteñen vivas as súas demandas en Europa
Representantes das plataformas galegas de afectados denuncian na Comsión de Peticións da Eurocámara a "estafa organizada e con cómplices necesarios" levada a cabo polas antigas caixas galegas e reclaman que se xulgue os responsables. O Parlamento Europeo manterá a investigación.
A Audiencia Nacional exarcera a Sito Miñanco pero prohíbelle volver a Galicia
Un dos principais narcotraficantes galegos sairá da cadea para traballar, segundo un auto xudicial que o acusa de ter creado "unha xeración perdida de mozos" nas Rías Baixas.
As tres universidades galegas, entre as dez primeiras do Estado en uso de software libre
A clasificación está elaborada polo Observatorio Tecnolóxico PortalProgramas. A Universidade da Coruña ocupa o sexto posto nun ranking encabezado pola de Granada. A USC é oitava nesa lista e a Universidade de Vigo é décima.
A Eurocámara admite a trámite a denuncia contra a política de residuos da Xunta
A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo acollee a denuncia presentada pola Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe contra a xestión do lixo por parte de Sogama e o Goberno galego.
VII Cumio das Américas: Unha nova relación hemisférica?
O IGADI publica un novo Igadi Paper, centrado en analizar os resultados deste histórico encontro que, entre outras cousas, propiciou o xesto de apertura entre Cuba e EUA ao mesmo tempo que amosou a diversidade de realidades existentes a nivel hemisférico