"Que non nos rouben os nosos montes"
Centos de persoas maniféstanse en Compostela en contra da privatización dos montes comunais. As comunidades de montes en man común demandan unha fiscalidade propia e a condonación das "falsas débedas" e denuncian a intención da Xunta de "usurpar" da xestión aos veciños.
Protesta na rúa contra os recortes salariais en Citroën
Máis de 2.000 persoas, segundo os organizadores, apoian en Vigo a marcha convocada pola CIG e a CUT contra os recortes pactados entre a empresa e o sindicato maioritario SIT denunciando o "atraco salarial" aos traballadores.
A detención do ex primeiro ministro Sócrates sacode Portugal
Foi arrestado na noite deste venres para ser interrogado pola súa suposta relación nun caso de corrupción, branqueaento de dieñiro e fraude fiscal.
Aprendendo a compostar en Euskadi
ADEGA participou en Vitoria-Gasteiz na xuntanza da rede estatal Composta en Red para compartir experiencias de compostaxe caseira e comunitaria. Ademais, os alcaldes do BNG de San Sadurniño, Riotorto e Allariz coñeceron sobre o terreo alternativas para o tratamento de residuos.
O Concello da Coruña pagou 14.000 euros a medios por entrevistas aos concelleiros
O BNG accede ás facturas que amosan o pago con cartos públicos de máis de 10.000 euros a unha emisora de radio e case 4.000 a outra por entrevistas con membros do goberno municipal. A administración local xa abonara 2.000 euros a un xornal por unha entrevista con Negreira.
"Puta", "Burra", "Porca"..., tamén violencia machista
O Centro de Información á Muller do Concello de Pontevedra iniciou unha campaña con motivo do 25 de novembro, Día internacional da loita contra a violencia de xénero, que denuncia outros tipos de violencia, previos á agresión física
O OUFF, escola de audiovisual para 2.000 rapaces e rapazas
O Festival Internacional de Cine de Ourense entregou os premios dun certame no que participan ducias de centros de ensino de todo o país. Desta volta recibiron 76 curtametraxes en galego. Persoas (IES Cacheiras) e Troco (CEIP San Xoan de Filgueiras) obtiveron os primeiros premios.
O cuñado e o resto da casta: 'De Beiras a Podemos' viaxa por Galicia
O xornalista Anxo Lugilde presenta en varias localidades do país o seu libro De Beiras a Podemos, editado por Praza Pública e Meubook. Adiantamos, para a súa descarga libre, un fragmento da obra, na que o autor subliña que Galicia foi "o laboratorio político" da formación que lidera Pablo Iglesias.
O BNG esixe a retirada dos 13 símbolos franquistas aínda existentes en Vigo
A campaña Fascismo Nunca Máis identificou unha ducia de elementos ilegais en Vigo, Baiona e Nigrán. A formación demanda o cumprimento da Lei de Memoria Histórica.
AGE e BNG sinalan a responsabilidade do PP na "desfeita" de Alimentos Lácteos
Antón Sánchez esixe "responsabilidades políticas" e anuncia que o seu grupo solicitará a constitución dunha comisión de investigación sobre o sucedido. Xavier Vence demanda “unha estratexia propia para defender o noso sector, que está perdendo capacidade de producir"
O sindicato maioritario en Citroën acepta o axuste coa oposición do resto de centrais
A aceptación da proposta da dirección, vinculada á adxudicación da furgoneta K9, foi aprobada en solitario polo SIT e co rexeitamento de CCOO, UGT, CIG e CUT.
A cooperativa Erica Mel, premio 'Abertos ao Galego'
O xurado do proxecto da Mesa para a dinamización do galego no ámbito empresarial decidiu recoñecer cunha mención especial a Radio Fene, que fai 30 anos. A entrega dos premios terá lugar o 19 de decembro en Lugo.