31 finalistas para os premios da AELG
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega entrega o vindeiro 9 de maio en Lugo os seus premios. Montse Dopico e Alberot Ramos optan ao premio de xornalismo cultural
Procesións e festas poboan a axenda da Xunta tras a apoteose de inauguracións
A prohibición dos actos inaugurais pola convocatoria das eleccións e o inicio da Semana Santa fixo que presidente e conselleiros desaparecesen da axenda oficial
Morre Manoel de Oliveira aos 106 anos
O director, que se convertera no máis lonxevo cineasta en activo, finou este xoves na súa casa do Porto. Dirixiu máis de 60 filmes, dende Douro, Faina Fluvial (1931) até a curta O Velho do Restelo (2014). Pasou a súa mocidade na Guarda, nun colexio de xesuítas.
O PP impide que o pleno da Coruña debata sobre a 'Pokemon' e Someso
Os votos populares botan abaixo senllas mocións de EU e BNG, que nin sequera chegaron a debaterse na sesión plenaria. O primeiro tenente de alcalde, Julio Flores, volve cuestionar as sospeitas da xuíza Pilar de Lara
Os colectivos que defenden a continuidade de ENCE na ría celebran o apoio do PP
A denominada Plataforma de apoio á Industria na Comarca de Pontevedra e o comité de empresa da pasteira saúdan a aposta dos populares pola permanencia da factoría no seu actual emprazamento.
Tres de cada dez dependentes galegos con dereito a prestación non a reciben
Aínda que a lista de espera baixou dun 36,44% en 2009 a un 29,55% en 2014, esta sitúase once puntos por riba da media española, segundo un informe publicado por CC.OO. Os datos galegos só son peores noutras tres comunidades autónomas
Tomen aire
Praza Pública
Por Tutatis! O novo de Astérix, en galego!
O 22 de outubro de 2015 publicarase o 36º álbum de Ásterix e Obélix, O papiro de César, que será editado en galego por Xerais. Os autores son, de novo, o guionista Jean-Ives Ferri e o debuxante Didier Conrad.
O BNG pide á Xunta que Galicia adopte o fuso horario que comparte con Irlanda e Portugal
O Bloque rexistra unha proposición non de lei para corrixir "un dos maiores desfases no mundo entre a hora oficial e a hora solar" e lembra a "decisión política" que provocou esta diferenza, que xorde do réxime franquista, que unificou o seu horario co da Alemaña nazi hai 65 anos.
El País disponse a desmantelar o que queda da súa redacción galega
A dirección do diario de PRISA comunícalle ao persoal a intención de reducir á mínima expresión as súas delegacións en Galicia, Euskadi, Andalucía e Comunitat Valenciana, xa minguadas co ERE de 2012. Catalunya ficaría á marxe do recorte.
Talas masivas na Ribeira Sacra poderían facer perigar a declaración da UNESCO
Amigos da Terra critica a corta nos últimos días de centos de árbores, nun espazo de 80.000 metros cadrados, a carón do LIC Canóns do Sil. En paralelo, a SGHN denuncia a plantación de piñeiros nunha área moi próxima, reservada á especies protexidas de aves.
A wikimaratón da Galipedia fai parada na UDC
O 16 e 17 de abril celebraranse na Facultade de Informática da Universidade da Coruña as xornadas Coñece a Galipedia na UDC.