'A Esmorga', 'Os Fenómenos' e 'Serramoura' dominan as candidaturas dos Mestre Mateo
O filme de Ignacio Vilar é finalista en 16 categorías, o de Alfonso Zarauza en 11, e a serie da TVG en 9. Schimbare, de Alex Sampaio opta a 8 galardóns. Os premios entregaranse na Coruña o vindeiro 11 de abril
Fotos e poesía en Lugo contra o despoboamento do rural galego
O Museo de Lugo acolle o vindeiro sábado o recital 'Os camiños da brétema', un proxecto "fotopoético" que reflexiona sobre as aldeas abandonadas do país.
Outro 10 de Marzo "polo emprego, os salarios dignos e a xustiza social"
Os sindicatos galegos volven mobilizarse no 43º aniversario do asasinato de Amador e Daniel en Ferrol, que volve acoller os principais actos. A CIG celebra manifestacións en todas as cidades galegas.
Navantia asina unha "carta de intencións" para facer tres buques a mes e medio das eleccións
A compañía alcanza un preacordo pendente de confirmación con Ondimar Transportes para que os estaleiros públicos constrúan tres petroleiros, aínda que non aclara en que localidade do Estado se levarían a cabo os traballos.
Tres traballadores de Povisa, en folga de fame polos despedimentos
A presidenta do Comité de Empresa e dúas persoas máis iniciarán a protesta este martes. A CIG fai responsable a Núñez Feijoo dos 13 despedimentos e lembra que o hospital botou máis de 70 persoas nos últimos anos, a pesar de recibir 75 millóns anuais da Xunta.
Redondela celebrará os 30 anos da primeira sentenza xudicial en galego
Foi o 27 de marzo de 1985, ditada polos xuíca Ricardo Leiros, Claudio Movilla e Gonzalo de la Huerga. A Irmandade Xurídica Galega realizará un acto conmemorativo o vindeiro martes 17.
Marcha nas rúas de Compostela por unha "igualdade real" entre homes e mulleres
Centos de persoas saen ás rúas da capital galega na manifestación unitaria do feminismo polo Día Internacional da Muller e critican o paso atrás nas políticas sociais que atinxen o xénero feminino en ámbitos como o laboral, sanitario ou da educación sexual e reprodutiva.
Falece Cacharro Pardo, histórico barón do PP galego
O que fora presidente da Deputación de Lugo durante 24 anos morreu este domingo aos 78 anos. Marcha un dos personaxes máis poderosos da dereita galega e do sector da 'boina' dentro dos conservadores. O organismo provincial declara tres días de loito oficial.
"Polos dereitos e liberdades das mulleres que PP está eliminando"
A oposición únese na censura da "precariedade laboral" e a "marxinación" que sofre o xénero feminino polo Día Interncional da Muller, que se celebra este domingo cunha manifestación unitaria do feminismo galego.
O peso das mulleres autónomas en Galicia supera en dez puntos a media da UE
O número de autónomas no país máis de 90.000, supón case o 42% do total, malia que no comezo da crise había 10.500 máis. Autónomos de Galicia pide máis pasos "en materia de igualdade e conciliación" para que esta sexa "real e efectiva".
Feijóo volve rescatar desde Andalucía a súa idea de prohibir os gobernos de coalición
O presidente da Xunta presume nun acto de campaña do PP andaluz de que o seu partido é "o máis democrático" por manterse na oposición malia ser o máis votado e insiste en que o lóxico sería que gobernase a lista máis votada.
Exemplos de éxito nas redes exporán en Lugo os seus proxectos
O alcalde de Jun, José Antonio Rodríguez Salas (o rexedor español con máis seguidores en twitter), ou os responsables do blog Yo fui a EGB participarán o vindeiro martes na xornada sobre innovación dixital #lugoinnova.