Voadora, Chévere e Il Maquinario copan as candidaturas aos María Casares
A tempestade (10), Perplexo (9) e Ultranoite no País dos Ananos (7) suman o maior número de finalistas nuns galardóns que se entregarán o 26 de marzo na Coruña. Redrum, Caramuxo e Tanxarina optarán ao primeiro María Casares ao mellor espectáculo infantil.
Abanca gaña nun ano máis do que Banesco paga polas antigas caixas galegas
A entidade herdeira da fusión bate todas as previsións, gaña 1.157 millóns de euros en 2014 e medita incluso "anticipar" os 600 millóns que lle quedan por pagar dos 1.003 nos que o FROB lle adxudicou Novagalicia, tras ser nacionalizada e inxectada con 9.000 millóns en axudas públicas.
O estudantado galego protesta na rúa contra o decreto 3+2 e polo ensino público
Varias manifestacións percorren as rúas das cidades e de varias vilas galegas protestan contra a política educativa do Goberno central e do PP nunha xornada de folga xeral con amplo seguimento segundo as organizacións convocantes.
CxG preséntase en Santiago para emendar o mandato "perdido" polo PP
Xosé Antón López confirma que Compromiso por Galicia concorrerá en solitario aos comicios do 24-M na capital e coida que o labor dos tres alcaldes populares "non serviu para nada".
21 días co galego... e todo o ano
Esta semana botou a andar a terceira edición desta iniciativa impulsada polo IES da Pobra do Caramiñal e que busca "levar a lingua alí onde nunca estivo na vida de moito do noso alumnado e profesorado". Centrada na presenza do galego na rede, Praza foi a web do día este mércores
Rajoy presume de Pemex e AVE para negar o maltrato a Galicia que denuncia o BNG
O presidente do Goberno central presume de compromiso co país citando a alta velocidade e a suposta recuperación do naval galego, da que se atribúe os méritos. O Bloque acúsao de dirixir un Executivo "nulo e incumpridor" e de deixar un "panorama desolador".
O estudantado sae á rúa contra o decreto 3+2 e a "privatización" do ensino
Sindicatos estudantís responden desde mañá á política educativa do Goberno do PP tras a nova proposta que prevé pór en marcha os graos de tres anos. As organizacións galegas convocan folga xeral e mobilizacións para o vindeiro xoves en toda Galicia.
Por todo o país, #EusonRosalía
Entidades culturais, concellos e centros de ensino organizan este martes ducias de actividades dedicadas á poeta, entre as que destacan as realizadas pola AELG e pola propia Casa-Museo e Fundación Rosalía de Castro
O PXOM de Folgoso do Courel esquece as valiosas covas da zona
SOS Courel denuncia a ausencia de referencias á cova de Arcoia, entre outras. Tamén reclama a incorporación de numerosos elementos do patrimonio arqueolóxico, etnográfico e arquitectónico.
As Marchas da Dignidade saen á rúa o mércores nas sete cidades galegas
A Columna Galega mobilízase en apoio á mobilización que se celebrará en Madrid o 21 de marzo e á folga xeral de consumo e traballo que terá lugar o próximo 22 de outubro.
Moito que facer dende os concellos
A Lei de Racionalización da Administración Local, impulsada en solitario polo PP e recorrida ante o TC, limita a acción política dos gobernos municipais, pero aínda así é moito o que se pode facer dende os concellos, como no mandato que remata demostraron, entre outros, Amoeiro, Riotorto, Teo, Rianxo ou Manzaneda.
Tan só o 15% dos autónomos galegos ten menos de 35 anos
En 2014 incrementouse en 3.143 o número total de traballadores e traballadoras autónomas en Galicia, ata os 217.576. Porén, os menores de 35 anos diminúen. AUGA reclama medidas para evitar o avellentamento do colectivo