Feijoo responde ás críticas: "Non son os deputados os que receitan"
O presidente da Xunta responde ás críticas acusando as forzas da oposición de "manipular a dor de moitas persoas" e as súas "expectativas de curación". A Plataforma de Afectados considera "ridículo" o número de tratamentos con Sofosbuvir aprobados pola Consellaría, un total de 259.
'Salvemos Pontevedra' volve pedir a fin da concesión de ENCE
A entidade presentou as súas alegacións no procedemento polo que se incoa expediente de caducidade, sinalando que a empresa carece de licenza urbanística de actividade. A APDR presentou a pasada semana as súas alegacións, facendo fincapé nos incumprimentos medioambientais.
Escotet, dono de Abanca, tivo contas no HSBC de Suíza
O vicepresidente de Abanca e dono do grupo venezolano que comprou ao Estado as antigas caixas galegas tivo 4,5 millóns de dólares a título persoal e 7 a nome de Banesco, segundo revela a lista Falciani e publica 'El Confidencial'.
O TSXG dá a razón a Caballero e permite manter en pé a cruz franquista de Vigo
O alto tribunal revoga a sentenza que ordenaba derrubar o símbolo franquista e estima o recurso presentado polo Concello. Os maxistrados entenden que "é representativa dos caídos polos dous lados", pero un voto particular cre que non se respecta a Lei da Memoria Histórica.
Chuza! denuncia a 'Taxa Google' ante os eurodeputados galegos
A asociación remitiu unha carta na que solicita que interveñan antre o prexuízo que esta imposición pode provocar a unha asociación sen ánimo de lucro e a unha "comunidade minorizada" coma a galega
Medio Ambiente propón amortizar 60 postos de traballo e despedir a 10 traballadores
A CIG defende que os postos "son necesarios" nun departamento con abundantes subcontratacións a través de Tragsa. "A Consellería parece que tampouco cre as promesas de recuperación económica da propia Xunta", di.
As achegas cidadás para as multas ao activismo non se deteñen
Stop Desafiuzamentos A Coruña apaña máis dos 7.000 euros necesarios para pagar as sancións durante o intento de desaloxo de Aurelia Rey, pero recibe novas multas tras as protestas do Ofimático. En Coia, un veciño é xulgado este mércores e en Compostela, o colectivo pide amparo ao Valedor.
Milleiros de persoas en defensa do futuro da lingua
Vinte mil persoas enchen a Praza da Quintana, en Compostela, na convocatoria de Queremos Galego en demanda de medidas que aseguren a transmisión xeracional dun idioma que non deixa de perder falantes entre a mocidade
Queres aprender chinés en Taiwan? O IGADI dáche a oportunidade
O IGADI xestiona a convocatoria de dúas bolsas Huayu 2015 para a aprendizaxe do idioma chinés mandarín por un período de seis meses en Taiwán, entre setembro de 2015 e febreiro de 2016.
O editatón chega a Vigo para encher a Galipedia de contidos sobre cultura libre
O vindeiro 28 de febreiro o Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra (GALPon) organiza o primeiro Editatón celebrado en Vigo. O obxectivo é promover a creación de contidos sobre cultura libre e software libre na Wikipedia en galego
Un pulo colectivo a prol da nosa lingua
Unha manifestación, que se prevé multitudinaria, percorrerá as rúas de Compostela este domingo a partir das 12 da mañá baixo o lema “Polas fillas dos nosos fillos” e en defensa da lingua propia de Galicia.
O BNG refrenda 106 candidaturas municipais e aproba o seu programa marco
Xavier Vence defende que a formación que lider "é unha alternativa clara para dar a batalla ante o PP" e “liderar gobernos alternativos en todas as cidades e concellos que sexa posible”