O PP rexeita que o Consello de Contas audite as finanzas dos Concellos con cargos imputados
Os populares votaron en contra dunha proposta de AGE para que o organismo revise os movementos económicos dos gobernos municipais baixo investigación xudicial. O BNG pediu que o Consello fiscalizar a xestión financeira de Sogama, Cidade da Cultura, Igape, as deputacións ou o endebedamento da Xunta.
Arquivan a investigación ao policía que ameazou unha manifestante por pedirlle a identificación
A Unidade de Réxime Disciplinario da División de Persoal abriu investigación contra un dos axentes que se negou a identificarse en Compostela en febreiro de 2013. Porén, ordeou o seu arquivo ao considerar que non houbo "responsabilidade ningunha"
Feijoo recoñece agora o impacto da corrupción nos malos resultados do PPdeG
O presidente da Xunta atribuíra nun primeiro momento a perda de 200 mil votos dos populares en Galicia á "desmotivación", mais este mércores concedeu "un peso non menor" aos escándalos de corrupción. Chamou a facer "autocrítica dende a vitoria"
12 mil persoas volveron converter Cans na festa do cinema en Galicia
Karra Elejalde, Os Fenómenos de Zarauza, Heredeiros da Crus ou a actuación sorpresa de Diplomáticos no Jaliñeiro marcaron a undécima edición do festival, que premiou Ser e voltar de Xacio Baño, Tupper de Ángel Manzano, e 3-1=0 de Juan Galiñanes
O quiosco, entre o golpe ao bipartidismo español e o ascenso da ultradereita na UE
O "castigo" ao bipartidismo é protagonista na prensa editada en Galicia e Madrid, mentres que en Catalunya destaca a consolidación do soberanismo
Os 'outros' en Galicia: Case 200 mil votos
Un bo número de galegos e galegas optaron por alternativas distintas a PP, PSOE, AGE, Podemos ou BNG, en concreto un 16,35% do total, ou 191.400 persoas. Nalgúns casos, coma UPyD, C'S, Pacma ou CxG, con resultados importantes nalgúns concellos.
Feijóo perdería a maioría absoluta mesmo recortando o Parlamento
Unha extrapolación dos resultados dos comicios deste domingo deixaría os populares sen maioría absoluta, con 35 deputados co actual sistema electoral e con 29 (de 61) na reforma proposta polo partido de goberno. A suma de PSdeG-PSOE, AGE, PODEMOS e BNG superaría en escanos o PP.
Feijóo xustifica na abstención a caída dos populares que celebra a esquerda
O presidente da Xunta recoñece o golpe ao bipartidismo pero presume de manter vantaxe sobre os socialistas. Besteiro valora "o xiro á esquerda en Galicia", Alternativa pide "seguir xuntando voces" e o Bloque cualifica de "fantásticos" os seus resultados.
A irrupción de Podemos move os marcos nas sete cidades
O PP gaña nas sete cidades, pero con perdas moi importantes con respecto a 2009, que tamén sofre o PSdeG-PSOE. Podemos rolda o dez por cento dos apoios nas urbes e supera o BNG en todas agás Pontevedra. AGE perde apoios con respecto ás autonómicas de 2012. En conxunto, as tres forzas roldan o trinta por cento.
O PP perde máis de 200.000 votos e a esquerda é maioritaria en Galicia
PP e PSdeG caen en máis de 400.000 votos nunhas eleccións europeas nas que irrompe con forza Podemos, que se sitúa como cuarta forza política no país. A suma da esquerda supera con clara vantaxe a dereita tras un duro golpe ao bipartidismo, tanto a nivel galego coma no conxunto do Estado, onde perde cinco millóns de votos.
AGE e BNG responsabilizan o PP da "baixa participación"
Os populares celebran que o mantemento do mesmo nivel de abstención de 2009 "lexitima os resultados". O PSdeG denunciará "irregularidades" e "carretaxe de votos" ante a Xunta Electoral de Lugo
"A nossa toalha é internacional!"
"Se isto nom se amanha; toalha, toalha, toalha". Esta é unha das moitas palabras de orde do Día do Orgulho Lusista e Reintegrata (DdoOLeR), versión galega do Día Internacional da Toalla, que se celebra este 25 de maio.