Os sindicatos acusan a Educación de "desprezar o profesorado" e abandonan a mesa de negociación
Todas as organizacións sindicais do ensino con representación na mesa sectorial docente acusan a Consellaría de vulnerar as canles de negociación legalmente establecidas e de tentar aprobar aceleradamente os currículos de Primaria e FP Básica.
Pemex sae de Repsol e fai regresar as dúbidas sobre as promesas para Galicia
A petroleira mexicana vende as súas accións na española pola súa "baixa rendibilidade" e fai retornar as incertezas a investimentos como a prometida instalación no porto exterior da Coruña.
Eme2 trae a Compostela 'Meu Ben', a adaptación da exitosa obra de Elaine Murphy
A peza representarase dende este mércores e até o domingo no Salón Teatro. A comedia está protagonizada por Mercedes Castro, Elina Luaces e Rocío González e dirixida por Alvaro Lavín.
O #INLUGO14 esgota as súas 200 prazas nunha hora
O Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais celebrará a súa segunda edición os días 6 e 7 de xuño na cidade lucense. Participarán, entre outros, Ramón Lobo, Pepo Jiménez (@kurioso), Delia Rodríguez ou o responsable da conta de twitter da Policía Nacional.
Milleiros de persoas, nas rúas en demanda dun referendo e da República
As concentracións convocadas nas distintas cidades galegas acadan unha notable participación.
O Reperkusión pecha o seu cartel, encabezado por Manu Chao e Muchachito
O festival celebrará a súa 12ª edición na Cidade dos Muchachos de Bemposta, en Ourense, os días 11, 12 e 13 de xullo. Dirty Honkers, Dani Lança, Terbutalina, N.O.A.H, Kimbala, ou Cuchufellos tamén levarán a música a un evento no que o circo tamén é protagonista.
Forzas de esquerda e sindicatos demandan un referendo e a reforma da Constitución
AGE, BNG ou Podemos esixen a apertura dun novo proceso constituínte que leve á proclamación dunha República. O PSOE apoia o mantemento da monarquía, pero o líder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, aposta por debater a reforma constitucional, e dentro dela a forma do Estado.
A Monarquía tenta salvarse coa abdicación do rei
Mariano Rajoy anuncia que Juan Carlos I deixa a Coroa e o inicio dos trámites para a proclamación de Felipe de Borbón como xefe do Estado. Audio no interior.
Ucraína seis meses despois
O fotoxornalista Juan Teixeira analiza sobre o terreo a actual situación política en Ucraína, medio ano despois do inicio das protestas no Maidán.
A rede Natura 2000 en Galicia e a fracasada política europea de conservación da biodiversidade
Xosé Veiras denuncia no blog Un claro no bosque a feble protección que ofrece a Rede Natura 2000 e critica o recentemente aprobado Plan Director, que enmarca "na política xeral ultraprodutivista do actual Goberno galego, polo que protexe desprotexendo”
O BNG fíxase como obxectivo "galeguizar o debate político"
A formación busca abrir un diálogo “franco e directo” coa "cidadanía rebelde e contestataria do país" e abre un proceso de asembleas locais abertas para recadar propostas que lle trasladar á sociedade.
O PSOE escolle a 'fórmula galega' para as súas primarias
A militancia socialista escollerá o seu novo ou nova secretaria xeral a través dunhas primarias non vinculantes, cuxo resultado será despois ratificado polos delegados e delegadas que participen no congreso extraordinario do partido, que celebrará o 19 e 20 de xullo.