Amnistía Internacional alerta de que o dereito a protestar está "ameazado" en España
Un informe da entidade denuncia como o Goberno "está utilizando todos os medios posibles" para limitar por lei o dereito á liberdade de expresión e á protesta pacífica. O documento recolle, ademais, violacións de dereitos humanos cometidas por membros de forzas de seguridade
A CIG denuncia a explotación sufrida por traballadores galegos en Inglaterra
O sindicato sinala a empresa Sistemas de Ingeniería Global (Siglobal), en concurso de acreedores, que lles tería imposto a 30 operarios nun parque fotovoltaico xornadas de máis de 24 horas sen case descanso, escaseza de comida e falta de hixiene. Ademais, non cobraron o seu soldo.
Así escoitamos as eleccións europeas
Palabra, música, análise e uns resultados electorais sorprendentes. Foron os principais ingredientes que o pasado 25 de maio configuraron a estrea de Radio Praza, a emisión radiofónica lanzada dende Praza Pública para seguir os comicios ao Parlamento Europeo que agora está dispoñible para a súa escoita en rede. Audio íntegro no interior.
O Concello da Coruña mantén a incógnita sobre a organización da feira taurina
Dous días despois de que finalizase o prazo para que a empresas interesadas en xestionar as touradas presentasen as súas ofertas, o Goberno local aínda non comunicou se hai algunha compañía interesada. En marzo Eventauro, que organizara a do verán pasado, renunciou a facelo este ano
O PP rexeita que o Consello de Contas audite as finanzas dos Concellos con cargos imputados
Os populares votaron en contra dunha proposta de AGE para que o organismo revise os movementos económicos dos gobernos municipais baixo investigación xudicial. O BNG pediu que o Consello fiscalizar a xestión financeira de Sogama, Cidade da Cultura, Igape, as deputacións ou o endebedamento da Xunta.
Arquivan a investigación ao policía que ameazou unha manifestante por pedirlle a identificación
A Unidade de Réxime Disciplinario da División de Persoal abriu investigación contra un dos axentes que se negou a identificarse en Compostela en febreiro de 2013. Porén, ordeou o seu arquivo ao considerar que non houbo "responsabilidade ningunha"
Feijoo recoñece agora o impacto da corrupción nos malos resultados do PPdeG
O presidente da Xunta atribuíra nun primeiro momento a perda de 200 mil votos dos populares en Galicia á "desmotivación", mais este mércores concedeu "un peso non menor" aos escándalos de corrupción. Chamou a facer "autocrítica dende a vitoria"
12 mil persoas volveron converter Cans na festa do cinema en Galicia
Karra Elejalde, Os Fenómenos de Zarauza, Heredeiros da Crus ou a actuación sorpresa de Diplomáticos no Jaliñeiro marcaron a undécima edición do festival, que premiou Ser e voltar de Xacio Baño, Tupper de Ángel Manzano, e 3-1=0 de Juan Galiñanes
O quiosco, entre o golpe ao bipartidismo español e o ascenso da ultradereita na UE
O "castigo" ao bipartidismo é protagonista na prensa editada en Galicia e Madrid, mentres que en Catalunya destaca a consolidación do soberanismo
Os 'outros' en Galicia: Case 200 mil votos
Un bo número de galegos e galegas optaron por alternativas distintas a PP, PSOE, AGE, Podemos ou BNG, en concreto un 16,35% do total, ou 191.400 persoas. Nalgúns casos, coma UPyD, C'S, Pacma ou CxG, con resultados importantes nalgúns concellos.
Feijóo perdería a maioría absoluta mesmo recortando o Parlamento
Unha extrapolación dos resultados dos comicios deste domingo deixaría os populares sen maioría absoluta, con 35 deputados co actual sistema electoral e con 29 (de 61) na reforma proposta polo partido de goberno. A suma de PSdeG-PSOE, AGE, PODEMOS e BNG superaría en escanos o PP.
Feijóo xustifica na abstención a caída dos populares que celebra a esquerda
O presidente da Xunta recoñece o golpe ao bipartidismo pero presume de manter vantaxe sobre os socialistas. Besteiro valora "o xiro á esquerda en Galicia", Alternativa pide "seguir xuntando voces" e o Bloque cualifica de "fantásticos" os seus resultados.