BNG e PP aproban a planta comarcal de compostaxe de Pontevedra con críticas do PSdeG
O proxecto conta co apoio de organizacións ecoloxistas, como Adega, de entidades veciñais e da Deputación provincial, pero recibiu as críticas do PSdeG-PSOE, que se abstivo na votación no pleno municipal
Prolingua pide a retirada dos cargos aos acusados de rebentar a marcha de Galicia Bilingüe en 2009
Este martes comezará, despois de numerosos adiamentos, o xuízo ás doce persoas acusadas de rebentar, o 8 de febreiro de 2009, a manifestación convocada por Galicia Bilingüe en Compostela contra a política de normalización lingüística
Feijóo propón que se inicien "políticas de concertación" entre PP e PSOE
Avoga por que os dous grandes partidos comecen "concertando" políticas no ámbito sanitario e propón que o ex presidente do Goberno central, Felipe González, presida este proxecto.
A mocidade galega cobra os terceiros salarios máis baixos de España
Os últimos datos do Observatorio de Emancipación do Consejo de la Juventud tamén amosan que os e as menores de 35 anos de Galicia son os terceiros que máis seguen vivindo na casa familiar e alertan do incremento dos parados de longa duración entre os mozos e mozas.
O Plan da Rede Natura vulnera ata seis Directivas comunitarias
Así o asegura Salvemos Cabana, que advirte de que a Xunta incumpre as principais disposicións legais do dereito comunitario no ámbito dos espazos protexidos e denuncia tamén ante Europa o Plan.
Ana Miranda carga contra o "bipartidismo harmónico" de PP e PSOE
"Á hora de defender os intereses galegos, tanto monta, monta tanto, Arias Cañete como José Blanco", asegura a candidata do BNG, que cargou contra o ex ministro de Fomento e a súa sucesora, Ana Pastor, por "deixar fóra Lugo e Monforte" do tren de alta velocidade.
Feijóo tira de Bildu e Resistencia Galega para atacar a BNG e AGE
O presidente da Xunta pide que en Europa non representen a Galicia "nin os amigos" da esquerda abertzale nin os de Resistencia Galega, reivindica a unidade de España e acusa o resto de candidatos de presentarse "para rescatar a súa carreira ou facer proclamas de secesión".
As cartas "intimidatorias" da Subdelegación do Goberno
Stop Desafiuzamentos da Coruña denuncia que varios membros da plataforma reciben cartas de "advertencia" na que son acusados de "desobedecer" á policía en actos nos que non estiveron presentes. "Quere que sexamos conscientes de que estamos 'baixo control", di.
BNG e AGE reivindican a lingua e reclaman máis galego en Galicia e na UE
Ana Miranda e Lidia Senra cargan contra a política lingüística do Goberno de Núñez Feijóo por "buscar a invisibilización e desprestixio do idioma" tras participar nas concentracións de Queremos Galego.
Milleiros de persoas dan "un paso adiante" polo galego en oito puntos do país
Queremos Galego xunta miles de cidadáns nas diferentes mobilizacións convocadas nas sete cidades galegas e mais en Foz. A plataforma e os manifestantes chaman a "non se resignar" na loita polos dereitos dos galegofalantes e berran contra a política lingüística da Xunta.
O BNG propón que se legalice a marihuana
A formación nacionalista inclúe esta proposta no seu programa de cara ás europeas e pide que o cannabis "reciba un tratamento similar ao alcohol e ao tabaco, ambos os dous legalizados" e que se valore a súa "distribución controlada"
“Manterse nunha lingua minorizada supón unha forma de loitar contra o poder”
Miguel Moreira vén de publicar en Xerais o ensaio Contra a morte das linguas. O caso do galego, que afonda na óptica ecolingüística. Entrevista de Montse Dopico