A Xunta bota abaixo a mina de Corcoesto
Rexeita o proxecto de vez pola súa insolvencia financeira, pero non polos riscos medioambientais, logo de que a multinacional non reunise o 25% dos fondos propios sobre o investimento.
A sanidade, unha materia máis que pendente para Feijóo
A Xunta transita entre a submisión aos copagos implantados polo Goberno central e a dura crítica aos recortes, á falta de medios e á privatización por parte de sindicatos e profesionais do Sergas.
"É unha débeda ilexítima, unha débeda que nós non xeramos e polo tanto non temos que pagar"
Do 8 ao 15 de outubro celébrase a Semana de Acción Global contra a Débeda, que en Galicia concentra as súas actividades na Coruña, Ourense e Ribadeo. Falamos con Roberto Laxe, voceiro da Plataforma Auditoría Cidadá da Débeda. Audio no interior.
Aínda é posible atopar gasolina barata en Galicia?
A Xunta decidiu o incremento do imposto sobre hidrocarburos, o que suporá un aumento de 3,6 céntimos no gasóleo e de 2,4 céntimos na gasolina. O Goberno galego busca financiar deste xeito o gasto sanitario, ao tempo que se pon en marcha o copagamento dos medicamentos hospitalarios. En Noia, Outeiro de Rei, Tui ou Ferrol atopamos os carburantes máis baratos.
Galiza Ano Cero: xa está aquí a televisión feita "dende abaixo, á esquerda"
O proxecto bota a andar ao completo coa emisión da entrevista ao sociólogo Emmanuel Rodríguez, autor do libro Hipótesis Democracia. Quince tesis para una revolución anunciada. Este xoves poderase ver o debate Parlamentos. Para que?
Os votos do PP impiden a titulación universitaria da escola de Restauración de Pontevedra
O BNG reclamoulle no Parlamento á Xunta facer uso das súas competencias e adscribir á Universidade os estudos da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais
Os investigadores volverán mobilizarse esta semana por un maior esforzo en I+D+i
As entidades agrupadas no Colectivo Carta por la Ciencia convocan concentracións este xoves en toda España, coincidindo co inicio dos debates sobre os orzamentos. Consideran "insuficiente" o lixeiro incremento das partidas destinadas a investigación
A feira taurina da Coruña tan só vendeu o 20% das entradas
O Concello incrementou nun 5% a subvención e achegou 95.000 euros ás touradas, que volveron acoller menos espectadores, dos que máis de 2.000 accederon a través de convites gratuítos.
Cinco anos de crise, 200 mil empregos menos en Galicia
O desemprego segue sendo a gran materia pendente do goberno de Alberto Núñez Feijoo, quen en 2009 prometía "acabar co paro en 45 días". Datos en bruto que agochan unha realidade máis negativa: precariedade, milleiros de mozos na emigración e unha taxa de cobertura cada vez menor.
Educación "potencia o galego" con 200.000 euros para medios en castelán
O Goberno galego realiza un novo reparto de fondos entre a prensa obviando os preceptos do Plan Xeral de Normalización da Lingua e mentres segue sen chegar a prometida lei de Publicidade Institucional
O PP rexeita no Senado a regularización fiscal dos emigrantes que apoiou no Parlamento
O grupo popular, incluídos os catorce senadores galegos, vota en contra e négase a debater unha proposta do PSOE case idéntica á apoiada por unanimidade na Cámara galega.
O nacionalismo estudantil galego únese contra a Lomce para o 24-O
Comités, Liga Estudantil Galega e Agir fan un chamamento conxunto ao estudantado galego para secundar a folga xeral e amosan a súa "vontade rupturista coa liña marcada polos sindicatos españolistas".