É 24 de febreiro, #EuRosalía
A Fundación Rosalía de Castro e a AELG promoven diversos actos no aniversario da poeta, entre os que destacan iniciativas como unha antoloxía poética sonora, graffitis ou autofotos en internet.
Anova irá con IU ás eleccións europeas
Por tan só once votos de diferenza, a maioría da militancia vota pola opción de coaligarse coa "esquerda federal" e incluírse na candidatura que promove IU. 380 dos afiliados optan pola proposta que defendía Beiras e Martiño Noriega, mentres que 369 defenderon a posición oficialista.
O número medio de parados galegos aumentou en 184.000 desde o inicio da crise
A media de desempregados en Galicia case se triplicou desde 2007 e a taxa actual é case 15 puntos superior á de hai seis anos; do 7,6% ao 22%.
Milleiros de peticións de amparo ao Valedor ante a reforma do aborto
A Plataforma Galega pola Defensa do Dereito ao Aborto rexistra moreas de reclamacións de mulleres que piden que o Valedor as ampare ante a reforma normativa de Gallardón e que lle exixa á Xunta que rexeite a medida.
Os 27.000 euros ao día que consome a Cidade da Cultura
O BNG pide unha "auditoría a fondo" que determine os custos reais do Gaiás e sospeita que os gastos en varias actividades culturais superan o importe previsto.
Plan de Emprego Xuvenil ou explotación subvencionada?
BNG e AGE critican con dureza o proxecto co que a Xunta prevé beneficiar a 95.000 mozos, que ten unha dotación de 100 millóns e que fomenta contratos de formación dual ou en prácticas pouco remunerados.
Desmontando a Barbazul
O actor Borja Fernández presenta esta semana na Zona C de Santiago o seu proxecto Barba azul. Ópera para clown e soprano. Fernández comparte escena nesta peza coa cantante Mónica de Nut e, baixo a dirección de Marta Pazos, revisita artisticamente esta lenda europea.
Outra resposta estudantil á Lomce e aos recortes no ensino público
Os convocantes cualifican de "éxito" unha folga con seguimento desigual e con manifestacións en máis de vinte localidades galegas. Houbo diversos incidentes en Compostela e cargas policiais en Vigo.
A operación Patos amplifica as denuncias de presunta corrupción en Ponteareas
As obras dunha senda fluvial, os contratos con Aquagest ou a casa do propio alcalde están agora baixo a lupa da investigación neste Concello do Baixo Miño, intervido polo Goberno central a causa da súa precaria situación económica.
A delegación da Xunta en Madrid acolle a Carmen Lomana para debater sobre a prensa rosa
O PSdeG exixe a comparecencia de Feijóo para que explique o funcionamento da Casa de Galicia en Madrid, que acolle "actos propios dun mal colexio maior" e funciona como "un 'chiringuito" malia supor un custo de 800.000 euros ao ano.
O Play-Doc levará unha selección de documentais galegos ao Town Hall de Nova York
O certame foi seleccionado no Best Fest Film Series de Nova York, que cada ano escolle os dez mellores festivais de cinema do mundo. A décima edición de Play-Doc celebrarase do 2 ao 6 de abril.
O trasvase de augas dende o lago artificial de Meirama segue adiante a pesar das críticas
AGE e BNG, ao igual que grupos ecoloxistas denuncian un proxecto que prevé gastar 1,5 millóns de euros para levar auga dende a antiga balsa mineira de Meirama até o encoro de Cecebre, e que consideran "innecesario". Tamén se critica a construción dunha minicentral.