A EPA que nega a recuperación e confirma a continua destrución de horas de traballo
No Estado perdéronse case catro millóns de horas traballadas no segundo trimestre ao tempo que hai 128.800 ocupados máis, segundo analiza Enrique Negueruela, que advirte do risco de "confundir a creación de emprego coa precarización do existente"
Anova aposta forte por listas "de base cidadá" e unitarias de cara ás municipais
Beiras e Noriega insisten na necesidade dunha "fronte popular" contra a dereita, defenden a creación de candidaturas cidadás "sen acordos por arriba e nas que sexa o pobo quen máis ordene" e saudan iniciativas como a Marea Atlántica da Coruña.
O Foro da Familia presiona a Rajoy para que recorra a lei LGTB galega
Escríbelle ao presidente pedíndolle que leve ao Constitucional a pioneira norma aprobada polo Parlamento e que cren que "impón un pensamento único" e supón "unha ameaza para os dereitos dos pais de educar os fillos en liberdade".
Unha sentenza ratifica o enchufismo do PP de Ourense para amañar oposicións
O xulgado do contencioso-administrativo número 1 de Ourense ditamina o amaño de tribunais de oposición e anula dúas prazas denunciadas pola CIG no Concello de Xinzo de Limia.
Pedraz pide axuda á UE para lograr que declaren os presuntos asasinos de Couso
Denuncia a impunidade do caso do camarógrafo galego e intenta evitar o bloqueo dos Estados Unidos implicando na investigación a Genocide Network, unha rede de cooperación europea sobre xenocidio e crimes de guerra e contra a humanidade.
En galego... Festa Rachada!
A Mesa pola Normalización Lingüistica lanza unha campaña pola promoción da música galega nas festas. Verbena Galega, este venres en Oleiros e o sábado en Pontevedra, é un exemplo de iniciativa a prol da música en galego
Traballadores e vítimas reclaman responsabilidades políticas un ano despois da traxedia do Alvia
Familiares dalgúns dos 79 falecidos e falecidas concentráronse este xoves na praza do Obradoiro para esixir a "verdade" sobre o accidente e que se depuren as responsabilidades, unha demanda expresada tamén pola Plataforma de Bomberos Públicos de Galicia e por AGE e BNG
O Foro Económico de Galicia presenta unhas bases para a creación dunha marca-país
O informe, presentado por Fernando González Laxe, José Luis Gómez e Santiago Lago, propón as bases para a creación dunha estratexia e dunha liña de traballo para a acción exterior de Galicia
Revenidas presenta o seu cartaz, 100% galego e centrado no Bravú
A XI edición do festival de Vilaxoán acollerá do día 22 ao 24 de agosto un total de 23 concertos, nos que destacan Heredeiros da Crus, Leo e Arremecaghona, Dakidarría, Sés, Nao, Diplomáticos de Monte Alto, Ulträqäns, Rastreros, Liviao de Marrao e Terbutalina.
O paro baixa en 12.600 persoas en Galicia, que lidera o desemprego no norte peninsular
A campaña de verán fai diminuír o número de parados no país, que queda nos 284.300 tras un descenso inferior á media no Estado, segundo datos da EPA. A comunidade ten 13.900 ocupados menos que hai un ano e a temporalidade aumenta entre os asalariados.
O CES censura os recortes sociais mentres se aumentan recursos para pagar a débeda
Critica que as políticas de crecemento sexan "escasas" e "supeditadas" aos obxectivos de austeridade na súa memoria de 2013, na que asegura que 2013 foi "un punto de inflexión" pero onde pide reactivar o mercado interno e o emprego.
Os lumes que seguen a depender da climatoloxía
A Alianza Rural Galega volve denunciar a "ineficacia e desleixo cómplice" da Xunta de cara á nova campaña de incendios. "Todo queda ao abeiro do tempo, o único factor sobre o que non se pode intervir directamente", advirte.