Os Comités denuncian a imputación de 11 estudantes polas protestas na USC
Están acusados dun suposto delicto de desordes públicas, danos e lesións, tras unha denuncia dun membro do corpo de seguridade privada. Os feitos tiveron lugar o pasado 14 de marzo, nunhas protestas que provocaron a suspensión, da sesión ordinaria do Consello de Goberno da Universidade.
Os afectados polas preferentes sufrirán finalmente unha quita media do 57%
O FROB anuncia un desconto adicional do 13,8% para os posuidores destes produtos de Novagalicia, que poderían perder ata o 65% do seu valor inicial.
A MNG pide recuperar a renda básica de emancipación
O referente xuvenil de Compromiso por Galicia pide facilitar o réxime en alugueiro a través dun parque de vivendas a prezos asequibles en función da renda destinado a menores de 30 anos, así como unha partida económica para recuperar a renda básica de emancipación.
Piden que o galego teña sección propia na Modern Language Association
Case trescentas sinaturas de profesores universitarios, alumnos e tamén reitores e decanos de centros de todo o planeta apoian esta demanda, canalizada a través da lista de correo González-Millán Galician Studies
AGE pide un plan para detectar carencias nutricionais no alumnado da escola pública
“Os propios centros educativos son conscientes de que a comida realizada no centro de ensino constitúe, en moitas ocasións, o principal aporte nutritivo de moitas cativas e cativos”, afirman os deputados Ramón Vázquez e Xabier Ron, “e en nalgúns casos a única comida do día”.
As contradicións sobre a mina de Corcoesto chegan aos concellos afectados
O alcalde de Coristanco dubida do proxecto e o seu concello presenta alegacións á ampliación mentres o tenente de alcalde apoia a empresa ante o Parlamento Europeo.
Ecosocialistas piden investimentos da rede galega de ferrocarril
A formación ecoloxista integrada en AGE critica que o Goberno destine 3.500 millóns de euros públicos para as autoestradas deficitarias mentres incrementa os recortes no tren.
CXG reclama a inclusión do fútbol feminino no Teresa Herrera
A formación remitiulle unha carta a Lendoiro e recolle a proposta que xa fora presentada por Mudega e pola Asociación Española de Mulleres
Futbolistas.O cinema que trouxo maio e traerá xuño
O blog Cinema na Praza David González fai un repaso polas estreas máis recentes e polos títulos que chegarán ás pantallas ao longo deste mes: Xavier Dolan, Olivier Assayas, Ben Wheatley, Abdellatif Kechiche...
Denuncian un empresario vigués por agredir traballadoras que reclamaban o seu salario
Dúas delas tiveron que ser atendidas en urxencias tras unha protesta autorizada fronte á casa do propietario dunha cadea de roupa para reclamar o pago dos salarios e da indemnización que lles adebedan.
O BNG leva ao Congreso unha iniciativa para que non se eliminen trens en Galicia
A Comsión de Fomento debatirá e votará unha iniciativa da deputada Rosana Pérez para que Fomento dea marcha atrás no seu Plan de supresión de servizos de tren no tpaís.
San Xoán de Río acolle un campamento espacial
Trátase dun campamento de verán para nenos e nenas que aúna ciencia, astronomía e aventura. Inclúe observacións astronómicas, manexo de telescopios, microscopios e do planetario dixital, e o lanzamento de cohetes de auga.