O convento de Herbón logra ser Ben de Interese Cultural
O Consello da Xunta outórgalle ao conxunto monumental padronés o máximo nivel de protección, compatible cos usos agrarios, e atende así a demanda dos colectivos sociais que o Concello tentou frear.
"Sentímonos todos un pouco zombis nestes tempos”
A vindeira semana celebrarase a terceira edición do Freakemacine, Festival de Cinema Fantástico da Coruña. Exposicións, talleres, certame de curtametraxes 12 longametraxes e a xa tradicional zombie walk. Entre as novidades, a homenaxe a Toñito Blanco e unha video-regueifa entre Javi Camino e El Hematocrítico.
Pedaleando por Auria
O vindeiro sábado 21 de setembro Ourense acolle a Foliada da Bicicleta, unha completa xornada ao redor da bici enmarcada na Semana da Mobilidade. Inclúe unha ruta BTT polos castros da provincia e unha tweet ride pola cidade, é dicir, percorrer Ourense vestidos coma hai 100 anos.
A Xunta financia seis empresas xornalísticas con 500.000 euros en catro meses
O Goberno galego inxectou sen concurso público máis de medio millón de euros nas principais editoras de prensa escrita do país entre abril e agosto
Denuncian un pacto entre o Concello de Vigo e Bispado para manter a Cruz do Castro
A Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 pregúntase que ten que negociar o alcalde co bispado "sobre un monumento que está nun espazo publico e que ademais é propiedade do Concello". A iniciativa do BNG para derrubar o monumento franquista recibiu o voto en contra do PP e a absteción do PSOE.
O lume arrasa o Monte Pindo
O incendio xa queimou máis de 1000 hectáreas nunha zona de difícil acceso, moi preto dos núcleos de poboación de San Cibrán, Cornido, Caldebarcos, Panchés, A Curra e Quilmas. A Asociación Monte Pindo Parque Natural denuncia "a destrución case completa" do espazo e anima a encher as redes sociais de lazos verdes.
O ecoloxismo galego pide á Cámara que prohíba o cianuro na minería
Varios colectivos rexistran no Parlamento dúas iniciativas para incorporar na lexislación galega a proposta da Eurocámara e que evitaría proxectos como o de Corcoesto.
A Fegamp rebélase ante o PP e rexeita "frontalmente" a reforma local
A federación, controlada por alcaldes populares, rexeita a iniciativa do Goberno central e sitúase do lado dos alcaldes críticos, cos que comparte "o fondo" das súas reivindicacións.
Vigo ensaia o préstamo de libros electrónicos
A pasada semana botou a andar eBookVigo, que permite acceder de balde durante 21 días a un catálogo de ducias de obras. Unha iniciativa do Concello de Vigo a través da Biblioteca Xosé Neira Vilas do Calvario.
Os libreiros denuncian que os colexios concertados venden ilegalmente libros de texto
A Federación de Libreiros de Galicia presentou unha denuncia ante a Dirección Xeral de Comercio polo "intrusismo" de medio cento de centros de ensino, que poden ingresar medio millón de euros anuais por esta vía, declarada ilegal polo Tribunal Supremo.
O curso escolar comeza entre críticas aos recortes e á falta de medios
Comunidade educativa, sindicatos e familias denuncian os recortes no profesorado ou nas bolsas, o peche de unidades e o encarecemento dos gastos escolares, mentres a Xunta fala de "total normalidade".
A guerra na era das redes sociais
Guerra e tecnoloxía sempre foron unidas pero nunca até agora Internet e as redes sociais tiveran tanto peso en conflitos armados.