Jorquera, "orgulloso" de ter protestado contra o desaloxo de Aurelia Rey
Na vista xudicial do recurso presentado contra as sanción impostas a manifestantes concentrados ante a vivenda da muller que ía ser desafiuzada, o voceiro parlamentario do BNG acusou o Goberno central de "criminalizar" a protesta social
A CRMH denuncia o "empeño" do Goberno municipal coruñés en "manter a simboloxía franquista"
Coincidindo co 18 de xullo, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica lembra o incumprimento do acordo do pleno de setembro de 2009 que obriga á eliminación de 52 símbolos franquistas, entre eles o nome de 23 rúas
Unha 'trampa' normativa permitirá que o Castelo de Monterrei sexa un hotel
O BOE do pasado sábado publicou unha modificación da orde ministerial de cesión do inmoble á Xunta en 2010, que só permitía usos culturais. O Goberno modifica a súa propia orde para permitir o proxecto hoteleiro
Feijóo promételle a Hernández un bosque no Gaiás anunciado en 2012
O presidente da Xunta recibe o terceiro alcalde de Santiago no que vai de mandato con anuncios de investimentos na Cidade da Cultura e na catedral.
Denuncian unha agresión policial contra un inmigrante na Coruña
O Foro Galego de Inmigración sinala que un vendedor ambulante de orixe nixeriana foi golpeado por varios policías preto do Centro Comercial Marineda City. A entidade concentrouse este martes ante os xulgados, onde o home tivo en enfrontar un xuízo por falta administrativa.
A Xunta eloxia o imposto bancario que rexeitou cando o propuña a oposición
Feijóo asegura que o erario galego recibirá uns 17 millóns ao ano do tributo bancario do Goberno central, reclamado en Galicia en numerosas ocasións por PSdeG, AGE e BNG. Galicia non será compensada ao non ter imposto propio como Andalucía, Canarias e Extremadura.
As Letras 2015, "camiñada conxunta e partillada con toda a cidadanía"
A Mesa, AGAL, AELG, CTNL, CIG-Ensino, AS-PG, Galiza Cultura, Comités e Liga Estudantil asinan o manifesto, debatido o pasado xoves, que chama á sociedade civil a celebrar o Día das Letras Galegas do vindeiro ano, fronte aos actos dedicados a Filgueira Valverde, "que non pode unir ninguén".
Un agosto "de terror" en Monforte
A vila monfortina acollerá do 21 ao 24 de agosto a primeira edición de Fancine de Lemos, Festival de Cinema Fantástico e de Terror. Está organizado polo cineclube A Calexa e a produtora Amanita Films e conta con Narciso Ibáñez Serrador como padriño
Galicia mobilízase en defensa do pobo palestino
Este luns e martes están convocadas concentracións en todas as cidades galegas en denuncia da agresión militar israelí en Gaza, que provocou xa máis de 170 mortos.
Sánchez logra no PSdeG unha vitoria máis ampla que no PSOE
O novo secretario xeral dos socialistas foi o máis votado no conxunto da federación galega do partido aínda que, como na recolleita de avais, Ourense apoiou maioritariamente a Eduardo Madina.
As reformas en Cuba, unha visión desde dentro
Tempo Exterior, a revista de análise internacional do IGADI, dedícalle o seu número 28 de forma monográfica á actualidade política cubana, particularmente ao proceso de reformas iniciado a partir de 2008 polo presidente Raúl Castro.
O tren da liberdade das mulleres: "forza e valor para loitar e decidir"
O Colectivo de Mulleres Cineastas espalla o documental elaborado na mobilización na que o pasado 1 de febreiro persoas de todo o Estado rexeitaron a contrarreforma da lei do aborto que impulsa o Goberno central. Filme íntegro no interior.