Varios manifestos políticos anticipan o 25 de xullo
O BNG presenta xunto con outras entidades políticas e sociais un documento a favor da soberanía de Galicia. Esquerda Unida chama a "decidilo todo" no seu Manifesto pola rebelión democrática. Anova convida a participar "nas iniciativas cidadás que se argallan polo país como fórmulas alternativas ao bipartidismo"
O Concello de Lugo impón servizos mínimos do 100% na folga de recollida de lixo
Os traballadores de Urbaser, en frontal desacordo cuns mínimos considerados "abusivos", irromperon no pleno municipal, onde o alcalde López Orozco lles recriminou non ter aceptado a "oferta digna" presentada hai uns días pola empresa
A Marea Atlántica colle forza na Coruña coa vista posta nas eleccións municipais
O movemento, que suma xa preto de 1.000 firmas e foi apoiado por máis de 300 persoas na súa presentación, abre ata outono un "proceso de participación" co obxectivo de sumar apoio popular e 2.500 sinaturas que "avalen" a súa intención de crear nunha candidatura cidadá.
O grupo Histagra coordina un número da revista 'Workers of the World'
O monográfico, baixo o título Conflitividade no mundo rural contemporáneo: Novas lecturas dun vello problema, incorpora análises de conflitos vividos no campo mexicano, ruso, galego, italiano ou portugués no último século.
A bandeira palestina que molestou un concelleiro do PP
Un edil popular de Pontedeume sobe ao torreón dos Andrade para retirar el mesmo unha bandeira de Palestina que fora colocada horas antes logo dunha manifestación de apoio a Gaza.
A Xunta recoñece que 18.000 fogares con nenos sofren pobreza severa en Galicia
O 7,5% das familias con menores de 18 anos no país atópanse en situación de carencia material grave, segundo un informe presentado polo Goberno, unha situación que afecta sobre todo ao sur da comunidade e ás cidades e as súas áreas metropolitanas.
As primeiras '.gal'
Este martes anunciaranse as solicitudes seleccionadas para participar no Programa de Pioneiros da Asociación PuntoGal, que poderán publicar as súas webs baixo un enderezo .gal dende o 25 de xullo. Será nun acto ás 12 do mediodía no Museo do Pobo Galego
Condenan a GN-Fenosa por extralimitarse na corta de maleza en Paderne e Coirós
A Audiencia Provincial de A Coruña vén de darlles a razón a un grupo de veciños, que denunciaran que en 2010 operarios contratados pola empresa levaran a cabo nos seus terreos unha “corta unilateral de forma extralimitada e invadindo propiedade privada".
Máis de dúas mil persoas maniféstanse en Vigo en solidariedade con Palestina
A mobilización, de carácter unitario, pechouse coa lectura dun manifesto e a intervención de varios cidadáns palestinos. Este martes está convocada unha nova manifestación, en Compostela
FAZ e Cilenis lanzan un mellorado teclado galego para Android
A ferramenta, que pode descargarse de balde, incorpora un dicionario composto de medio millón de entradas, preparado para unha ampla variedade de erros comúns con dez mil correccións preditivas e erros frecuentes.
Revenidas convoca o seu segundo concurso de grupos emerxentes
O grupo gañador formará parte da programación do festival, que se celebrará en Vilaxoán do 22 ao 24 agosto, ademais de recibir 300 euros.
Roberto Pascual reivindica "a dignidade do oficio do teatro" na inauguración da Mostra de Ribadavia
A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia botou a andar a súa edición número 30. "Temos a marca, o legado dun pouso histórico, o distintivo do lugar mítico que concita a memoria colectiva da capitalidade teatral, pero cómpren novos xestos, novas forzas", destaca o seu director