O xuíz imputa cinco cargos de Adif polo accidente de Angrois
Un novo auto solicita ao ente ferroviario que facilite as identidades de todos os presidentes e responsábeis de Adif desde a posta en servizo da liña ferroviaria para proceder á súa imputación.
Unicornibot: disco, vídeo e xira europea
A banda pontevedresa homenaxea o Liceo mutante e estrea o vídeo do primeiro single do seu novo álbum, Mambotron, que presentarán en directo en dúas ducias de concertos por toda España, e mais Francia, Holanda e Bélxica.
A Xunta desecou ilegalmente a lagoa da Frouxeira
O Goberno galego confírmalle a Adega a través do Valedor do Pobo que as intervencións neste espazo natural de Valdoviño se realizaron sen o necesario plano de conservación. A asociación ecoloxista levará o caso á Fiscalía ambiental do TSXG.
Piden que Apple incorpore o galego como opción de idioma
A multinacional dirixida por Tim Cook presenta este martes unha serie de novidades, entre as que destacan novos modelos de iPhone, un deles de menor custe. Vén de crearse unha petición online para que incoropore a posibilidade de empregar o galego nos seus sistemas operativos.
O Valedor e a Xunta ven Internet cheo de "perigos"
O Valedor e a Consellería de Traballo e Benestar publican un tebeo titulado Os perigos de internet para alertar das "ameazas" que poden atopar os adolescentes na rede. Editáronse 30 mil exemplares.
120 investigadores discuten na Toxa os resultados do acelerador de partículas do CERN
Nas sesións de traballo participan científicos de Europa, América e Asia, baixo a coordinación do proxecto Starting Grant concedido ao investigador da USC Carlos Salgado.
A oposición en pleno pide explicacións pola venda de Evo Banco
A venda da entidade a un fondo de investimento por 60 millóns provoca as críticas de PSdeG, AGE e BNG, que cuestionan "a urxencia" da operación e censuran "a socialización de perdas" que supón unha operación que "debe explicar" Feijóo.
Os blogueiros galegos de moda teñen unha cita en Vigo
A zona comercial urbana Centro Príncipe convoca o evento I'm a fashion blogger, que se celebrará o sábado 21 de setembro con presentación de outfits, novos looks, photocall, agasallos, descontos e desgustacións.
Galicia manifestarase contra o ataque a Siria dividida en dúas plataformas
A Coordinadora Galega pola Paz convoca concentracións este martes ás 20.30 horas, mentres que a Plataforma Galiza contra a Guerra o fará todos os xoves a esa mesma hora.
"O dereito a decidir debe ser un obxectivo conxunto das esquerdas en España"
Dolors Camats, coordinadora nacional de ICV, ofrece este luns unha conferencia en Compostela sobre o dereito a decidir a dous días da celebración da Diada. Ás 18 horas na Biblioteca Ánxel Casal.
CxG pide ao Fiscal Anticorrupción que parte do caso Bárcenas se traslade a Galicia
A formación galeguista cre que a relación entre o ex tesoureiro do PP e Feijóo “é máis estreita do que se quere dar a ver”.
Gómez Besteiro liderará o PSdeG tras acadar o apoio masivo da militancia socialista
O actual presidente da Deputación de Lugo acada máis do 77% dos votos fronte ao 20,2% obtido polo alcalde da Illa, Manel Vázquez.