PhotoÁgora: Fotografía 'maxistral' e en primeira persoa
A primeira edición do evento, coordinado por Gabriel Tizón, inclúe unha serie de clases maxistrais, un concurso internacional e unha exposición dos traballos gañadores. Ouka Leele abrirá o ciclo o día 7, seguida de José Manuel Navia (día 14), Chema Madoz (día 21) e Juan Manuel Castro Prieto (día 28).
Albada: o conflito do lixo que non remata na Coruña
Os traballadores da planta de Nostián anuncian novas mobilizacións logo de máis dun mes de folga e paros na recollida de residuos na loita pola negociación dun convenio colectivo.
Desestiman un recurso contra unha multa que alegaba que o sinal estaba "só en galego"
O xuíz indicou que só "dende posicións absolutas ou maximalistas" se pode interpretar que o feito de que un sinal de tráfico non estea en castelán pode eximir do cumprimento das súas indicacións.
CIG-Ensino advirte dun "inicio de curso conflitivo"
O sindicatro enumera a sucesión de ataques á escola pública, da supresión da gratuidade do comedor ao recorte das bolsas, pasando pola situación do proefesorado, "insuficiente", con recorte salarial e que nun número crecente ten que impartir materias das que non é especialista.
Caeu o paro polos contratos masivos para loitar contra os incendios?
Xavier Vence advirte de que a baixada no desemprego se debe aos "máis de 3.000 contratos" de brigadistas e persoal contra os lumes asinados durante o mes de agosto. "Non hai reactivación da actividade económica", di.
O PSdeG denuncia que o Goberno falseou os datos de afiliación do mes de agosto
O senador Ricardo Varela sinala que nos datos ofrecidos este martes faltan os do 31 de agosto, un día no que habitualmente se producen milleiros de baixas na Seguridade Social (187 mil baixas de media nos últimos anos), e acusa o PP de querer lanzar unha "cortina de fume sobre o vergoñento caso Bárcenas".
"Somos o 88% contra as touradas na Coruña"
Galicia Mellor sen Touradas lanza unha campaña contra a feira taurina na cidade lembrando que case o 90% dos mozos rexeitan as corridas e as subvencións públicas a este espectáculo.
Xa se pode xogar a 'A batalla polo Noroeste' completamente en galego
Hai uns días completouse a tradución de todos os bloques de texto, menús e mapas deste extenso xogo de estratexia, un dos máis populares que emprega licenzas libres.
Unha selección galega de elite
Lectores de Praza achegan o seu once ideal dun hipotético combinado do país tras o brillante inicio dos futbolistas galegos nesta tempada. Diego López; Hugo Mallo, Insua, Túñez, Lago; Oubiña, Álex López, Juan Domínguez; Thiago, Aspas e Rodrigo serían os titulares.
A Coordinadora Galega pola Paz convoca concentracións o día 10 contra o ataque a Siria
A plataforma aprobará este martes un manifesto de repulsa, que será lido publicamente o vindeiro xoves día 5, ás 12 horas, diante do consulado norteamericano na Coruña.
As Meninas regresan a Canido
Esta fin de semana as paredes do popular barrio ferrolán volverán encherse de Meninas, máis ou menos próximas ao orixinal de Velázquez ou máis ou menos deconstruídas. Unha iniciativa que procura o embelecemento do barrio, convertido en referente cultural, e unha chamada de atención sobre o seu abandono. Galería de imaxes no interior.
Cartografías das resistencias: Pensarmos a revolta
A Facultade de Filosofía da USC acolle este mércores e xoves un obradoiro que busca analizar os efectos que as revoltas aínda en proceso están a ter no xeito de facer e pensar a política nun momento de fin de ciclo e mutacións globais